- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
SETEMBRO
Vocabulario de repaso
Signos musicais
Os instrumentos de percusión
Os instrumentos de percusión son aqueles que producen o son cando os chocamos, os axitamos ou os percutimos. Ademais, segundo o material co que están fabricados para que se produza ese son, poden ser de madeira, de metal ou de parche.
Son instrumentos de percusión de madeira as maracas, as claves, a caixa chinesa, a carraca, entre outros. Son instrumentos de percusión de metal, por exemplo, o triángulo e os axóuxeres. E de percusión de parche a pandeireta, o pandeiro, o tambor, o timbal, a caixa, o bombo.
O parche, que é onde principalmente se produce o son, está feito de pel de animal. Tamén se chama membrana.
OUTUBRO
As figuras musicais
Audicións
Glop, glop, glop
Nun mercado persa (Albert William Ketèlbey)
O reloxo sincopado (Leroy Anderson)
O compás de dous por catro
NOVEMBRO
Os instrumentos de láminas
Jazz legato (Leroy Anderson)
Notas mi, sol e la
Lembra que a nota MI sempre aparece na 1ª liña do pentagrama, a nota SOL na 2ª liña e a nota LA no 2º espazo. Memorízaas!.
Mira cada nota ao tempo que vas dicindo de memoria o seu nome en voz alta. Lembra que á volta das vacacións as vou preguntar individualmente. Preme na imaxe do pentagrama se o queres ver en tamaño grande.
Escoita e comproba que:
. A negra dura 1 tempo.
. O silencio de negra dura 1 tempo.
. A branca dura 2 tempos.
. O silencio de branca dura 2 tempos.
. A parella de corcheas dura 1 tempo.
Lectura ritmico-melódica
Lectura 1
Leroy Anderson
Leroy Anderson compuxo moita música para o cine. Escoita La máquina de escribir:
Agora temos o ordenador pero se lle preguntamos aos nosos avós e avoas...
Practica movendo os dedos enriba das teclas á velocidade da música con esta máquina de escribir antiga que podes imprimir. Non esquezas cambiar de ringleira 😜. Tamén podes practicar nunha máquina imaxinaria enriba dunha mesa.
Mira que imaxes tan bonitas acompañan a este Paseo en trineo de Leroy Anderson. Chulísimas como as das postais de Nadal 👌.
Xaneiro
A nota fa
A nota que se atopa no 1º espazo do pentagrama chámase fa.
Fíxate que o seu lugar é entre a nota mi e a nota sol.
Vai dicindo en voz alta o nome de cada nota:
Mi, fa, sol, la negras
Mi, fa, sol, la negras e brancas
Mi, fa, sol, la negras, brancas e silencios
Mi, fa, sol, la negras, brancas, silencios e corcheas
Lectura rítmica
Os instrumentos de corda
Por que o piano é un instrumento de corda percutida?. Onde están as cordas?. Fíxate para velas.
Adagio, andante e allegro
A maioría do vocabulario que se emprega na música vén do italiano. Para referirnos á velocidade á que cantamos, tocamos ou bailamos existen as seguintes palabras:
Cando a música sona adagio faino de maneira lenta.
Cando a música sona andante faino normal, nin lento nin axiña.
Cando a música sona allegro ten unha velocidade rápida.
Escoita:
Na cova do rei da montaña (Peer Gynt):
Forte, piano, fortissimo e pianissimo
Cando tocamos ou cantamos con moita intensidade facémolo forte e cando o facemos con pouca intensidade facémolo piano. A música que sona moi forte faino fortissimo e a música que sona moi suave faino pianissimo. Escoita:
Febreiro
As voces femininas, masculinas e infantís
A voz dunha muller é unha voz feminina e a voz dun home é unha voz masculina. Sonan diferente, normalmente a feminina aguda (^) e a masculina grave (v). Pero a voz dun neno e dunha nena é semellante ata que non son máis maiores. Así que, tanto a voz dunha nena como a voz dun neno é unha voz infantil. Que tipo de voz son as seguintes voces faladas?. Di "feminina", "masculina" ou "infantil" segundo a voz que escoites.
A vibración da voz
Sabías que podemos falar porque as nosas cordas vocais vibran?. Este movemento que fan as cordas vocais chamáse vibración e permítenos falar e cantar!. Escoita e aprende a seguinte canción: "Vibran con él, vibran con él, la la la la la...".
O compás de 3 tempos
O compás de tres tempos é igual que o de dous tempos pero cun tempo máis. Así de fácil:
Dependendo de se un compás é de dous tempos ou de tres tempos, indicarémolo cun 2 e debaixo unha negra coa plica cara abaixo ou cun 3 e debaixo unha negra coa plica cara abaixo. Ves?.
Cada compás de 2 tempos musicais ten dous pulsos da música. Os pulsos marcámolos con ralliñas verticais cada vez que hai un tempo:
E logo só temos que contar 3 pulsos e poñemos liña divisoria, outros tres pulsos e outra liña divisoria... e rematas con dobre barra final.
As liñas divisorias son signos musicais que se empregan para separar os compases (as caixiñas rectangulares nas que escribimos as figuras ou as notas). A dobre barra final é un signo musical que aparece ao final dunha obra musical e que indica que esa obra rematou.
El Danubio azul (Johann Strauss)
O Danubio azul é un vals, un tipo de baile moi elegante para bailar en festas. O Danubio azul é un dos valses máis coñecidos do compositor Johann Strauss. Escoita: 1, 2, 3; 1, 2, 3...
Instrumentos de vento
Marzo
Lectura rítmica
Abril
La naturaleza suena
O diálogo musical
O gorrión e a serpe
Observa o musicograma e logo intenta facelo ti co dedo na pantalla ou no caderno como che indico. Fíxate que os puntos representan sons curtos e as liñas sons longos. Atento-a, que vai rápido:
Maio
A clasificación dos instrumentos
Os instrumentos musicais clasifícanse segundo a maneira en que producen o son. Se un instrumento musical precisa de cordas para producir o seu son, ese instrumento é de corda. Se para facer son cun instrumento precisamos soplar nel, ese instrumento é de vento. E se para producir son golpeamos ou axitamos un instrumento, é un instrumento de percusión.
A danza dos mirlitóns
Un pollito me picó
Xuño
Compositores
Antonio Vivaldi naceu na cidade de Venecia, en Italia. Foi violinista profesional e tamén director musical. Escribiu máis de 800 obras, entre elas "Las cuatro estaciones" cunha música á primavera, outra ao verán, outra ao outono e outra ao inverno.
Amadeus Mozart, como vimos no conto na clase, pasaba moitas tardes escoitando como a súa irmá Nannerl tocaba o piano e quixo aprender a tocalo el tamén. Amadeus aprendeu a tocar o piano aos tres anos, e aos cinco anos xa daba concertos. Amadeus non foi á escola. O seu pai Leopold era músico e profesor e ensináballe Música, Matemáticas e idiomas. Leopold decidiu que os seus fillos, Nannerl e Amadeus debían dar concertos polo mundo. Amadeus compuxo música para tocar e música para cantar. Unha obra moi coñecida para cantar é "La flauta mágica" e unha obra moi coñecida para tocar é "Alla turca"-Marcha turca.
Ludwig Van Beethoven tamén aprendeu piano co seu pai, que era músico, e máis tarde con outros mestres de Música. Traballou como pianista. Aos 26 anos comezou a quedarse bastante xordo e pouco a pouco quedou sen poder oír nada. Aínda así seguía facendo música. Como a facía sen oír?. Pois a partir das vibracións do son, ese tipo de temblores que podemos notar a través do tacto cando a música está sonando. Unha das obras máis coñecidas de Beethoven é "Para Elisa", adicada a unha muller que se chamaba así.
Camille Saent-Saëns aprendeu música coa súa nai e coa súa tía, e tamén aprendeu a tocar moi cedo o piano. Compuxo moitas obras, unha delas é "El carnaval de los animales", con varias pezas musicais que representan os movementos e sons de varios animais como por exemplo, "La marcha del león".
😊