Practica la LECTURA DE NOTAS

Screenshots

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?

AS CALIDADES DO SON




Que é o son?

O son é a sensación que se xera no oído a partir das vibracións que se propagan polo aire ou outro medio elástico.

A altura do son:

Depende da frecuencia; é dicir, do número de vibracións que se xeran por segundo. Cantas máis vibracións hai por segundo, o son é máis agudo, e cantas menos vibracións hai por segundo, o son é máis grave. A altura do son mídese en hercios.



A duración do son:

A duración do son é a prolongación do son no tempo. Esta duración represéntase en música coas figuras musicais. Cada figura ten unha duración.



A intensidade do son:

A intensidade do son é a maior ou menor amplitude da vibración. Corresponde co volume, e é un aumento ou diminución da forza realizada cun timbre vocal ou instrumental. A súa unidade de medida é o decibelio

Maior amplitude de onda:

  
Menor amplitude de onda:

                           



O timbre do son:

O timbre do son é a calidade do son que permite distinguir uns sons (por exemplo, unha frauta) doutros (por exemplo, un piano). Cando un corpo sonoro emite son, as vibracións adoitan ser bastante máis complexas; pois se producen vibracións en diversas frecuencias ao mesmo tempo.
Un son está composto, basicamente, por outros varios. Un deles, chamado fundamental, establece o tono. Os outros, chamados harmónicos, acompañan ao son fundamental dándolle unha personalidade determinada segundo o número de harmónicos que o acompañan e segundo o volume ou a intensidade de cada un deles.

  
    

  






 A BATERÍA


A batería é un conxunto de instrumentos de percusión de altura indeterminada tocados por un só músico: o ou a baterista. 

É un instrumento indispensable para varias agrupacións, especialmente para a música pop, o blues, o jazz, o rock ou o heavy metal.


A súa función é marcar o ritmo e os tempos da melodía, aínda que co tempo foi evolucionando cobrando o seu propio protagonismo dentro de moitas bandas de rock, chegando a ser instrumento solista.


A batería está composta por distintos elementos que se tocan con baquetas e pedais. Estes elementos son: 

. Bombo: gran tambor de son grave que se golpea cun mazo accionado por un pedal (imaxe). Marca o pulso da música. Está composto por un casco, dous aros e un parche groso e resistente, xa que ten que soportar o impacto constante do pedal para producir un son profundo e resonante.


. Toms: dous ou tres tambores de diferentes tamaños situados aos lados do intérprete. Os toms pequenos teñen parches finos para sons máis agudos e o tom base de maior medida para efectos musicais e maior resonancia.

. Caixa ou redobrante: pequeno tambor cunha tira metálica na parte inferior que lle dá un son característico. 
Os aros da caixa son os bordos superiores e inferiores que sosteñen os parches. Os parches son láminas elásticas que se tensan sobre os aros e vibran ao golpealos coas baquetas.

. Pratos: dous discos metálicos que se golpean con baquetas e vasoiriñas (imaxe), con diferentes golpes para crear diferentes tipos de sons.

. Charles/ hit-hat: dous pratos que se chocan entre si accionados por un pedal. Marcan de maneira constante as partes acentuadas.


Batería acústica


Escoita como sona cada un dos elementos: 


Baterista solista


Batería electrónica



ACTIVIDADE: Completa os elementos da batería.




 INSTRUMENTOS EXÓTICOS

A pipa: instrumento cordófono pulsado que funciona como solista e tamén como acompañante, ten 4 cordas y certa semellanza co laúde. A súa forma é de pera, é de orixe chinesa e data do século II a.C. Ademais, ten un mastro curvo e curto con 38 trastes. A pipa tócase coas unllas.

A kora instrumento cordófono de orixe africana, cuxo son lembra un arpa. A súa caixa de resonancia constrúese coa metade dunha cabaza grande forrada con coiro. Ten unha ponte con fendeduras colgando desde o mastro, no que se asentan 20 ou 21 cordas.

A balalaika: instrumento cordófono de orixe rusa, con caixa de resonancia triangular, chá e cunha pequena abertura. Ten 3 cordas metálicas e un mastro longo.

A bandurra ucraniana: instrumento cordófono pulsado, orixinario de Ucrania. 

Está formada por unha caixa de resonancia de madeira. As cordas van nun mastro curto sen trastes.


Instrumentos galegos


Instrumentos virtuais


Idea con instrumento de pequena percusión caseiro




A SUBDIVISIÓN DOS COMPASES
  • Antes de conocer qué es la subdivisión, recordamos qué es la división.
    Sabemos que la división de los compases se traduce por escrito en forma de fracción, con un numerador y un denominador.

  • Por ejemplo:

  • . 2/2: el numerador (2) quiere decir que el ritmo es binario y el denominador (2) quiere decir que el compás equivale a una blanca (una redonda equivale a dos blancas).
    . 2/4: el numerador (2) quiere decir que el ritmo es binario y el denominador (4) quiere decir que el compás equivale a una negra (una redonda equivale a cuatro negras).
    . 2/8: el numerador (2) quiere decir que el ritmo es binario y el denominador (8) quiere decir que el compás equivale a una semicorchea (una redonda equivale a ocho semicorcheas).


¿Qué es la subdivisión? ¿Qué significa subdividir un compás?

Subdividir un compás es dividir en un número determinado de pulsos cada uno de los tiempos del compás.

la subdivisión explica cómo se dividen dentro de cada pulso.

Un compás es de subdivisión binaria cuando cada uno de sus pulsos se puede dividir en mitades.
Un compás es de subdivisión ternaria cuando cada uno de sus pulsos se puede dividir en tercios.


Ejemplos de compases de Subdivisión Binaria (SB) y compases de Subdivisión Ternaria (ST):

¿Que son la unidad de compás, la unidad de tiempo y la unidad de subdivisión?

- La unidad de compás es la figura que ocupa el compás entero.

- La unidad de tiempo es la figura que ocupa un tiempo del compás.

- La unidad de subdivisión es la figura en la que se divide cada tiempo del compás.