AS CALIDADES DO SON:
ALTURA, DURACIÓN, INTENSIDADE E TIMBRE
A ALTURA
A altura é a calidade do son que nos permite recoñecer se un son é agudo ou grave. En Música, as notas indican a altura do son. Unhas son máis graves e outras máis agudas.
As notas musicais son sete. Organízanse nunha escala de máis graves a máis agudas. Podemos escribir a escala musical só coa cabeza das notas ou tamén coa plica.
Do, re, mi, fa, sol e la levan a plica cara arriba e do lado dereito. A nota si pode levar a plica cara arriba ou cara abaixo. A partir da nota si todas as notas levan a plica cara abaixo e sempre no lado esquerdo. Fíxate:
Escala de notas con cabeza:
Escala de notas con cabeza e plica:
A DURACIÓN
A duración é a calidade do son que nos permite saber se un son é curto ou longo. En Música as figuras indican a duración.
A INTENSIDADE
A intensidade é a calidade do son que nos permite saber se un son é máis ou menos suave ou forte. En Música os termos piano, mezzopiano, mezzoforte, forte, crescendo e diminuendo indican a intensidade.
Exemplo de ritmos sen matices:
Exemplo de ritmos con matices de intensidade:
O TIMBRE
O timbre é a calidade do son que nos permite recoñecer o son de diferentes instrumentos, voces ou obxectos. O timbre está determinado polo material que o produce: corda, madeira, metal... Por exemplo, o timbre dunha frauta é diferente ao timbre dun tambor.
Adiviña o timbre do instrumento que acompaña esta canción:
Clasifica cada característica do son coa súa calidade correspondente.
Escoita o son do exemplo e observa a súa clasificación. Logo, escoita os seguintes sons e vainos clasificando como o do exemplo.
A IMPORTANCIA DO SILENCIO
O silencio é a ausencia de son. É parte indispensable da música e está presente en calquera composición musical.
O silencio facilita a memoria, a aprendizaxe e, en xeral, ten efectos moi positivos sobre nós e o noso contorno.
Hai moito tempo, un sabio chamado Pitágoras dixo: "Escoita e serás sabio, porque o comezo da sabedoría é o silencio".
A seguinte canción de Jorge Drexler trata sobre o silencio. Nela, ademais, a música para en seco facendo pausas claras de silencio.
DIFERENCIAMOS RITMO E MELODÍA
Un ritmo é unha serie de sons cunha duración determinada. Escríbese con figuras en ritmograma. Tócano os instrumentos rítmicos.
O ritmo é o motor da música. É a combinación de figuras e de silencios que serven de base a unha melodía.
O ritmo ten que ver coa duración dos sons longos e curtos. A ordenación destes sons longos e curtos produce o ritmo.
O ritmo é un dos elementos básicos da música, tamén da danza e da poesía.
Exemplo de ritmo:
Exemplos de ritmos escritos:
Unha melodía é unha serie de sons cunha altura e cunha duración determinadas. Escríbese con notas en pentagrama.
A melodía é o elemento máis visible dunha peza musical; é dicir, aquelo do que os nosos oídos son máis conscientes ao escoitala.
A melodía é, na maioría dos casos, o punto de partida dunha composición musical e consiste nunha combinación das notas dunha escala musical relacionando altura e duración.
Exemplo de melodía cantada:
Canción Supercalifragilisticoespialidoso
Eees Supercalifragilisticoespialidoso,
aunque suene extravagante, ¡raro y espantoso!;
si lo dice con soltura sonará armonioso,
supercalifragilisticoespialidoso!
Dan dilidili dan diliday, dan dilidili dan diliday.
Dan dilidili dan diliday, dan dilidili dan diliday.
Exemplo de melodía tocada:
THE ENTERTAINER
Exemplo de melodías escritas:

OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN. CLASIFICACIÓN.
OS INSTRUMENTOS DE VENTO-MADEIRA E DE VENTO-METAL. CLASIFICACIÓN.
A frauta travesa, o clarinete, o óboe, o fagot e o saxofón son instrumentos de vento-madeira.
Antigamente estaban feitos de madeira e o seu son é máis doce que o dos intrumentos de vento-metal.
Nos instrumentos de vento-madeira o son prodúcese ao soprar por unha boquilla ou ao vibrar o aire nunha cana de madeira.
A trompeta, a trompa o trombón e a tuba son instrumentos de vento-metal. Están feitos de metal e o seu son prodúcese ao vibrar os beizos na embocadura.
Actividade: Le con atención sobre a clasificación tradicional dos instrumentos musicais:
Actividade: Escoita como sonan e observa a maneira de tocalos no seguinte vídeo (o que aparece como "corno", nós chamámoslle "trompa").
Actividade: Agudiza o teu oído e intenta acertar o son de cada instrumento so seguinte vídeo:
Actividade: Instrumentos da orquestra (dálle a "click to download" e a "permitir". "Play" para esocitar as familias de instrumentos). Actividade: Sopa de letras (preme nunha letra e arrastra ata a última letra da palabra. Se non atopas algunha dálle a "mostrar palabra" para ver onde estaba).
A ORQUESTRA. COLOCACIÓN.
AGRUPACIÓNS INSTRUMENTAIS
OS INSTRUMENTOS ELECTRÓFONOS
Os instrumentos electrófonos son aqueles que empregan enerxía eléctrica para producir os son como, por exemplo, a guitarra eléctrica.
TIPOS DE VOCES NO CANTO
As voces dos cantantes clasifícanse pola súa tesitura; é dicir, segundo o conxunto de notas que poden cantar.
As voces das mulleres e dos homes son diferentes por natureza. En xeral, a voz dunha muller é máis aguda que a voz dun home, aínda que tamén hai mulleres con voz grave e homes con voz aguda.
A voz feminina é voz de soprano se canta un conxunto de notas agudas.
A voz feminina é voz de contralto se canta un conxunto de notas graves.
A voz masculina é voz de tenor se canta un conxunto de notas agudas.
A voz masculina é voz de baixo se canta un conxunto de notas graves.
Así que, de máis aguda a máis grave, os principias tipos de voz humana no canto son:
SOPRANO
CONTRALTO
TENOR
BAIXO