A persoa que toca instrumentos de percusión; por exemplo, o metalófono, o xilófono ou o carillón chámase percusionista.
A persoa que toca o fagot chámase fagotista.
A persoa que toca o clarinete chámase clarinetista.
Compositorou compositora: profesional que creaobras obras musicais. Pode compoñer a música, ou a música e a letra se se trata dunha canción.
Director ou directora de orquestra:é a figura de referencia para os intérpretes. Coordina todas as familias de instrumentos da orquestra e dirixe a súa interpretación cunha batuta dándolles as indicacións para a correcta interpretación da obra.
Un director ou directora de orquestra estuda durante moito tempo as partituras. Ten que entendelas para despois traballalas con precisión nos ensaios cos instrumentistas e que finalmente saian o mellor posible nos concertos, transmitindo a súa visión artística primeiro aos intrumentistas para que dean vida á música, e despois ao público. Cando isto se produce, a interpretación é unha experiencia impactante e emocionante.
Instrumentista: profesional que interpreta música cun instrumento que domina.
Público: conxunto de espectadores que asisten a un mesmo espectáculo.
OBRAS E COMPOSITORES
Antonio Vivaldi naceu na cidade de Venecia, en Italia. Foi violinista profesional e tamén director musical. Escribiu máis de 800 obras, entre elas "Las cuatro estaciones" cunha música adicada á primavera, outra ao verán, outra ao outono e outra ao inverno.
Amadeus Mozart pasaba moitas tardes escoitando como a súa irmá Nannerl tocaba o piano e quixo aprender a tocalo el tamén.
Amadeus aprendeu a tocar o piano aos tres anos, e aos cinco anos xa ofrecía concertos. Amadeus non foi á escola. O seu pai Leopold era músico e profesor eensináballe Música, Matemáticas e idiomas. Leopold decidiu que os seus fillos Nannerl e Amadeus debían tocar en concertos polo mundo.
Amadeus compuxo música para tocar e tamén música para cantar. Unha obra de Mozart moi coñecida para cantar é "La flauta mágica",e unha obra súa moi coñecida para tocar é "Alla turca" ou Marcha turca.
Ludwig Van Beethoventamén aprendeu piano co seu pai, que era músico, e máis tarde con outros mestres de Música. Traballou como pianista. Aos 26 anos comezou a quedarse bastante xordo e pouco a pouco quedou sen poder oír nada. Aínda así seguía facendo música. Como a facía sen oír?. Pois a partir das vibracións do son, ese tipo de temblores que podemos notar a través do tacto cando a música está sonando. Unha das obras máis coñecidas de Beethoven é "Para Elisa", adicada a unha muller que se chamaba así.
Camille Saent-Saënsaprendeu música coa súa nai e coa súa tía, e tamén aprendeu a tocar moi cedo o piano. Compuxo moitas obras, unha delas é "El carnaval de los animales", con varias pezas musicais que representan os movementos e os sons de varios animais como por exemplo, "La marcha del león".
Mencanta el dictado ritmico
ResponderEliminarGustoume moito esta unidad
ResponderEliminar