Practica la LECTURA DE NOTAS

Screenshots

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?

O SON

O son é a materia prima da música.

O son é a sensación auditiva que percibe o noso oído cando un corpo sonoro en movemento produce unha vibración que se transmite a través do aire ata chegar ao noso oído.

O son pódese propagar por varios medios: o aire, a auga e os medios sólidos. 

O aire é o medio máis lento polo que se transmite o son. Pola auga e por medios máis sólidos como o aceiro, o son transmítese moito máis axiña.

Nós escoitamos os sons e a música a través do aire, xa que as ondas sonoras van desde o corpo sonoro ata o noso oído. 

AS CALIDADES DO SON

En música, as calidades do son represéntanse a través dos signos da linguaxe musical. 
As notas son sons e representan a ALTURA.
As figuras son duracións do son e representan a DURACIÓN.
Os matices son intensidades do son e representan a INTENSIDADE.
Os diferentes instrumentos e voces representan o TIMBRE.

As calidades do son resúmense neste cadro:



ACTIVIDADE CALIDADES DO SON 1

ACTIVIDADE CALIDADES DO SON 2

ACTIVIDADE CALIDADES DO SON 3



O APARELLO AUDITIVO

O son transmítese en forma de ondas. Estas son captadas polas orellas e percorren o conduto auditivo ata acadar unha membrana chamada tímpano, o cal fan vibrar. 
As vibracións transmítense a través do nervio auditivo e chegan deica o cerebro que é onde se produce realmente a audición.




O OÍDO INTERNO NON SÓ CONTROLA A AUDICIÓN, TAMÉN É CLAVE NO EQUILIBRIO E NA ORIENTACIÓN ESPACIAL.
O oído interno é unha estrutura diminuta pero extraordinaria que cumpre unha dobre función vital. Por unha banda, alberga a cóclea, o órgano encargado de transformar as ondas sonoras en impulsos eléctricos que o cerebro interpreta como sons. Pero ademais, o oído interno é o centro de noso sistema vestibular, responsable do equilibrio e da orientación espacial.
O sistema vestibular está formado por tres canles semicirculares e dúas estruturas chamadas sáculo e utrículo, todas cheas de líquido e cubertas por células sensoriais extremadamente sensibles. Cada vez que movemos a cabeza ou cambiamos de posición, o líquido desprázase e estimula estas células, enviando sinais ao cerebro sobre a dirección e a velocidade do movimento. Deste xeito, o oído interno permite que saibamos se estamos de pé, acostados, xirando ou inclinados, e axusta os músculos do corpo para manternos en equilibrio.
Cando o sistema vestibular se altera por infeccións, lesións ou enfermidades como a vertixe posicional benigna, aparecen síntomas como mareos, perda de equilibrio, inestabilidade ao camiñar ou a sensación de que todo xira arredor. Isto demostra o estreitamente ligada que está esta función á nosa vida cotiá: non poderiamos dar un paso seguro, correr ou incluso manternos erguidos sen a información constante que o oído interno transmite ao cerebro.
Así, este pequeno órgano lémbranos que escoitar o mundo non é a súa única tarefa. Tamén nos permite ubicarnos no espazo e manter a estabilidade, integrando a audición co sentido do equilibrio. Cada vez que damos un paso sen caer, que xiramos a cabeza para mirar algo ou que permanecemos de pé nun medio de transporte en movemento, estamos comprobando que o oído interno é moito máis que un receptor de sons: é o gardián silencioso da nosa orientación no mundo.


Conexión nariz-oído

O que entra polo teu nariz tamén pode afectar ao teu oído porque o nariz e o oñido estñan conectados. Como?
Ese conducto que ves, que conecta o nariz co oído medio, chámase trompa de Eustaquio.
E aínda que é pequena, cumpre unha función xigante: equilibrar a presión do oído coa do ambiente.
Cada vez que bosquexas, tragas saliva ou cambias de altitude, esta trompa ábrese por milisegundos para igualar presións e evitar que os teus oídos “se tapen”.
Pero cando se inflama, por un resfriado, unha alerxia ou unha infección respiratoria, todo cambia:
Puedes sentir zumbidos, presión ou dor no oído, perda temporal de audición e nos nenos e nenas en infeccións frecuentes. Por iso, un simple catarro pode facer que che doan os oídos. Porque en realidade, todo está conectado.


 A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA


O exceso de son e o ruído son coñecidos como contaminación acústica. Provoca alteracións no noso corpo e pode chegar a  afectar seriamente á saúde.
Os niveis de son e de ruído mídense en decibelios (dB) mediante un aparello denominado sonómetro.


O oído humano pode soportar só certa intensidade de son. Se se sobrepasan os niveis de intensidade aceptables polo oído poden causar danos irreversibes no noso aparello auditivo e xerar outros problemas de saúde. Ademais, é fundamental respectar o dereito dos demais a gozar do silencio. Así que, antes de reproducir ou de interpretar música pensa nos que te arrodea e busca un momento e un lugar cos que non perturbes o seu descanso e así favorecer para todos e todas o benestar.

0 db.

É o umbral de audición, silencio.

De 0 a 10 dB (5 decibelios).

Niveis de ruido moi baixos, ruidos case imperceptibles e tenues. A respiración sosegada, unha cova illada e sen ruido.

De 10 a 20 dB (15 decibelios)

Son niveis de ruido moi baixos. Susurros, pisadas.

De 20 a 30 dB (25 decibelios).

O nivel de ruido é baixo. O ruido existente nunha biblioteca ou calquera recinto con xente en silencio, cuartos baleiros e illados do exterior, as follas con vento pouco intenso no campo.

De 30 dB a 40 dB (35 decibelios).

O nivel de ruido é moderado. Unha conversa a volume normal, unha habitación con pouca actividade, un día tranquilo no campo, a oleaxe moderada do mar, unha área residencial tranquila.

De 40 dB a 50 dB (45 decibelios).

O nivel de ruido é normal. Unha sala con xente, unha oficina, o ruido que fai un electrodoméstico pouco silencioso, unha rúa pouco transitada, un frigorífico.

De 50 dB a 60 dB (55 decibelios).

O nivel de ruido é un pouco elevado.  Algúns electrodomésticos como aspiradores ou batedoras non moi ruidosos, unha concentración de xente na rúa, unha oficina con moita actividade, tráfico dunha rúa transitada, unha televisión a volume medio.

De 60 dB a 70 dB (65 decibelios).

O nivel de ruido é elevado. Grupo de xente conversando con volume de voz forte, un restaurante ateigado, un teléfono sonando preto do oído.

De 70 dB a 80 dB (75 decibelios).

O nivel de ruido é moi elevado. A partir dos 75 decibelios o ruido comeza a causar danos. Unha discusión a berros, tráfico dunha cidade, electrodomésticos moi ruidosos, unha moto ruidosa a pouca distancia, o interior dun avión.

De 80 dB a 90 dB (85 decibelios).

O ruido é daniño en exposicións prolongadas. O paso dun tren, maquinaria de fábrica, as sereas dos bombeiros, unha manifestación ruidosa.

De 90 dB a 100 dB (95 decibelios).

É un nivel de ruido que causa molestias e resulta daniño de forma continuada. Unha serea dos bombeiros a pouca distancia, os cláxones dos vehículos nun atasco.

De 100 dB  a 120 dB (110 decibelios).

É un nivel de risco. Un martelo neumático (taladro) a pouca distancia, o interior dunha discoteca, un concerto con volume excesivo, petardos, estadios deportivos en momentos decisivos, un avión despegando, una carreira de fórmula un.

Más de 120 decibelios.

Percíbese dor e existe o risco de perder a audición. O ruido do despegue dun avión a menos de 25 metros, unha explosión intensa.

180 dB

A erupción do volcán Krakatoa a 160 km de distancia. O despegue dunha nave espacial.




1. Evitar acudir a lugares ruidosos.
2. Levar con nós tapóns protectores de oídos (de venta en farmacias) para usalos se se presentan situacións con exceso de decibelios.
3. Escoitar música ao menor volume que escoitemos comodamente.
4. Deixar que o oído se limpe naturalmente. O cerume formado con cera actúa como barreira natural contra bacterias, pó e axentes externos. Na maioría das persoas o oído límpase só grazas ao movemento natural da mandíbula e a migración da pel.

IMPORTANTE: Non debes empregar bastonciños de algodón para introducilos polo conduto auditivo, xa que corres o risco de empurrar o cerume cara adentro bloqueando o conduto auditivo, e causar dor ou infección.
O correcto é limpar unicamente a parte externa da orella dos restos de cerume e, se hai exceso de cera ou molestias, acudir ao médico para una extracción segura da cera.







ACTIVIDADES SOBRE INSTRUMENTOS:



     INSTRUMENTOS DO MUNDO


. A kalimba (tamén coñecida como sanza ou mbira) é un instrumento musical idiófono, de son doce, e extendido por todo o continente africano.

Tócase principalmente en ceremonias relixiosas e en reunións sociais. Ten o seu maior arraigo en Zimbabue e Mozambique ao sureste de África, onde é considerada un instrumento nacional.

Consiste nun conxunto de láminas de metal nun taboleiro de madeira que se presionan e se soltan cos polgares para producir melodías e acompañamentos.

Tamén ten dous pequenos buratos na parte posterior que poden ser tapados o deixados libres para crear efectos no son.



. O djembé é un instrumento de percusión da familia dos membranófonos. Orixinouse entre Malí e Guinea.

Golpear a pel preto do centro produce notas máis graves e preto do bordo tons máis agudos.

Están feitos con base de madeira e parche de pel de animal.

É un dos primeiros membranófonos que existiu no mundo.

. O sitar é un instrumento tradicional da India e Pakistán, de corda pulsada orixinario da India semellante á guitarra, o laúde ou o banxo pero co mastro máis grande. Identifícase polo seu son metalizado.

Está fabricado cunha madeira moi dura e está composto por unha caixa de resonancia feita a partir dunha cabaza. 


. A frauta de Pan é un instrumento de vento de Perú e Bolivia, formado por tubos ocos de bambú de diferente lonxitude, pechados por un extremo, que produce un son harmonioso e equilibrado.

O son é producido pola vibración do aire soprado a través dun pequeno burato aberto ao final de cada tubo 

                

. O banxo é un instrumento de corda orixinario dos Estados Unidos. O seu son é característico e inconfundible.

Está formado por unha caixa redonda de metal cuberta cunha pel tensa como a dun tambor, unida a un mastro longo e estreito de catro a nove cordas. 

. O didyeridú é un instrumento aerófono empregado polos pobos orixinarios de Australia. Pertence á familia das trompetas. 

Foi creado a partir de troncos de árbores de gran grosor. Ao limpar o tronco obtense un tubo longo que se fai sonar facendo vibrar os beizos nun dos seus extremos. Esta vibración é amplificada polas paredes do tubo e xera o seu característico son. 

O seu son característico pode servir para a meditación e axudar ao estado de relaxación profunda.


Identifícaos agora no mapa do mundo.


Interpretacións

  


  

  








 A PRODUCIÓN DA VOZ

  
Como se produce a voz?. 

O aire, ao expirar, sae pola boca desde os pulmóns pasando pola larinxe. Alí fai vibrar as cordas vocais producindo son.
O son da voz amplifícase (amplíase, agrándase) na boca, nas fosas nasais, na cabeza e na cavidade torácica, que fan unha función similar á da caixa de resonancia dos instrumentos.

Partes que interveñen na produción da voz:


Cordas vocais:



Resonadores faciais:





Actividades:




VOCALIZACIÓNS

Practica:



AS AGRUPACIÓNS VOCAIS 

Unha agrupación vocal é un conxunto musical composto exclusiva ou principalmente por voces. 

As agrupacións musicais podes ser de diferentes estilos; como as agrupacións de música clásica, as agrupacións de música tradicional ou as agrupacións de música popular, entre outras.

Se dúas voces cantan xuntas falamos de dúo vocal.
Se cantan xuntas tres voces, falamos de trío vocal.
Se son catro voces as que cantan conxunatmente, esa agrupación chámase cuarteto vocal. Se cantan cinco, quinteto vocal. Se cantan seis, sexteto vocal, e se xa son máis forman un coro.



Exemplos:

         DÚO VOCAL FEMININO                    DÚO VOCAL INFANTIL    

   


 DÚO MIXTO 

  

TRÍO VOCAL FEMININO                TRÍO VOCAL INFANTIL
  
     

                                         TRÍO VOCAL MIXTO



CUARTETO VOCAL FEMININO          CUARTETO VOCAL MASCULINO  

     

CUARTETO VOCAL MIXTO



QUINTETO VOCAL FEMININO          QUINTETO VOCAL MASCULINO 

     

QUINTETO VOCAL MIXTO



CORO FEMININO                         CORO MIXTO

    

CORO DE VOCES BRANCAS


Hay diferentes tipos de orquestras e de coros segundo o número de músicos de que están compostas.
. Un coro de cámara está formado por entre 10 e 20 voces femininas e masculinas.
. Un coro sinfónico está formado por máis de 20 ou 25 voces femininas e masculinas.
. Unha orquestra de cámara está formada por entre 10 e 20 instrumentos de corda e, ocasionalmente, por algún de vento.
. Unha orquestra sinfónica está formada por máis de 40 instrumentos de corda, 20 ou 30 instrumentos de vento e, polo menos, 2 de percusión.



 TIPOS DE MELODÍAS


Cando cantamos, tocamos ou bailamos estamos interpretando unha música que se elabora a partires de diferentes combinacións de notas. Dependendo  da dirección das notas temos diferentes tipos de melodías: 

. A melodía ascendente, remata cara arriba, vai de grave a agudo, como se subísemos pola loma dunha montaña ata o cumio.  

. A melodía descendente remata cara abaixo, vai de agudo a grave, como se baixásemos pola loma da montaña ata o seu pé. 

. A melodía ondulada vai pouco a pouco subindo e baixando de grave a agudo e de agudo a grave, como facendo ondas. 


Compréndeo mellor escoitando os tipos de melodías:


Escoita La mañana, del compositor Edvard Grieg e fíxate na forma da melodía:


Practica:

Observa as seguintes pequenas melodías escritas.
A número 1 é ascendente ou descendente?. E a número 2?.




A resposta correcta é: A melodía 1 é ascendente porque remata cara arriba. 
A melodía 2 é descendente porque remata cara abaixo.

E a seguinte? Que tipo de melodía é?


Reposta correcta: Descendente


Fíxate agora nesta: 


Melodía ondulada


ACTIVIDADE. Co que sabes, crea a túa propia liña melódica aquí.

INDICACIÓNS PARA A ACTIVIDADE. Escolle abaixo á esquerda o instrumento que queres que sone, na barra de "tempo" a velocidade á que queres que sone e vai facendo clic nos cadrados dependendo do tipo de liña melódica que queres conseguir. Fai a melodía longa desde a esquerda ata a dereita de todo. Finalmente, dálle a "play" e escoita a túa creación. 
Lembra rematar cara arriba nunha melodía ascendente, cara abaixo nunha melodía descendente e que sexa unha combinación de ambas nunha melodía ondulada. 


A FORMA MUSICAL

A forma musical é a organización das diferentes partes dunha obra musical. Esta organización represéntase cunha estrutura baseada en letras que identifican cada parte. 

     . Forma binaria: consta de dúas partes. Unha idea principal e outra diferente que contrasta coa anterior. 

Estrutura:

   AB

   . Forma ternaria: consta de tres partes. Unha idea principal que se vai alternado con outras constrastantes volvendo á idea principal ou seguindo con partes diferentes. 


Estrutura:

ABA

ABC


  . Forma rondó: Consta dunha idea principal intercalada con outras contrastantes e rematando coa idea principal. 

Estrutura: 

ABACADA 



PROFESIÓNS RELACIONADAS COA MÚSICA

É esencial ter habilidades musicais para traballar como profesional da música.

Algunhas das profesións relacionadas co mundo da música son:


Compositor ou compositora

O compositor ou compositora crea música orixinal, xa sexa para cancións, películas, anuncios ou videoxogos. Pode compoñer a música ou a música e a letra se se trata dunha canción. 

Moitos compositores e compositoras traballan en colaboración con outros artistas, o que lles permite expandir as súas oportunidades laborais. 


Produtor ou produtora musical

Os productores musicais supervisan a gravación e producción de música. O seu traballo inclúe seleccionar cancións, traballar con artistas no estudo e mesturar sons. Co aumento da produción musical independente, a demanda de produtores e produtoras medrou.


Intérprete

O músico intérprete pode ser cantante, instrumentista e interpretar só ou en agrupacións. Pode facelo en vivo, gravar nun estudo, e ata participar en bandas sonoras de películas. Moitos músicos intérpretes traballan de maneira independente.


Docente de Música

Os docentes de Música son esenciais para a formación das novas xeracións de músicos. Son profesionais que forman a alumnas e alumnos na teoría e na práctica musical.

Os docentes de Música poden traballar en escolas, academias de Música ou conservatorios. A educación musical é cada vez máis importante, polo que moitos músicos se adican tamén ao ensino. Os docentes de música transmiten coñecementos musicais e educan para o desenvolvemento da musicalidade nas persoas.


Musicoterapeuta

Profesional que traballa con música para mellorar o benestar emocional, físico, cognitivo ou social en pacientes de todas as idades con problemas variados como lesións cerebrais, saúde mental ou discapacidades físicas.