Practica la LECTURA DE NOTAS

Screenshots

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?

MÚSICA PARA OS REAIS FOGOS ARTIFICIAIS-Häendel

George Frideric Händel compuxo a Música para os reais fogos de artificio en 1749, por encargo do rei, para acompañar un espectáculo de fogos artificiais sobre o río Támesis, en Londres.

É unha composición maxestuosa, triunfante e festiva.


 


TOCAMOS:



LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS

(lembra alternar as mans e rebotar logo de cada toque)



1


2

3


Practica negra con punto e corchea:



 OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN: LIGADURA, PUNTO E CALDEIRÓN


A LIGADURA DE UNIÓN

A ligadura de unión é un signo de prolongación do son que se representa cunha liña curva enriba ou debaixo da cabeza de figuras ou de notas e que serve para unir o son de figuras da mesma ou de diferente duración e de notas do mesmo nome.


Lectura con ligaduras de unión

O PUNTO (OU PUNTILLO)

O punto ou puntillo é un signo de prolongación do son que se representa cun punto pequeno á dereita da cabeza dunha figura ou dun silencio e aumenta a metade do valor da figura ou silencio que o leva.



Canto duran?. Calcula:



Lectura con punto


O CALDEIRÓN

O caldeirón é un signo de prolongación do son que se representa cun semicírculo cun punto no seu interior que, colocado enriba ou debaixo dunha figura ou dun silencio, permite alongar o son tanto como o ou a intérprete desexe.


Lectura con punto e caldeirón 

A POSTURA NA DANZA

Aliñación corporal 

A aliñación corporal é a colocación das partes do corpo, principalmente o esquelete, durante a execución dun movemento. É dicir, a posición do corpo en cada momento dun baile. 

A aliñación corporal na danza require que todas as partes do corpo estean en balance; ou sexa, co peso do corpo ben distribuido entre elas. Unha aliñación corporal axeitada permite facer os movementos dunha danza co mínimo esforzo muscular e con maior fluidez. Tamén permite bailar con máis liberdade e facilidade sen facer esforzo innecesario.


Unha boa postura na danza depende de moitos elementos que funcionan xuntos:
  • A columna vertebral móvese seguindo a liña das súas curvaturas naturais.
  • En cada paso o corpo mantén unha aliñación equilibrada entre as diferentes partes.
  • O corpo emprega a súa forza muscular de maneira eficiente.

Os beneficios que aporta unha boa postura na danza son:

• Axuda a obter un balance correcto para executar os pasos.

• Evita lesións.

• Diminúe a tendencia a padecer dores musculares.

• A calidade da respiración mellora.

• Axuda a manter unha boa flexibilidade

• Prevén a fatiga causada polo uso ineficiente do sistema muscular. 




DANZAMOS:


Unha suite é unha forma musical formada por diferentes danzas.

O rondó sona como unha das danzas dentro da suite nº 2 de Bach.

A palabra rondó vén do francés rondeau e significa ronda ou danza en roda. 

Un rondó está composto por un tema musical que se repite facendo a función de

retrouso. O tema principal do rondó é claro, curto e cun motivo vivo e xoguetón

facilmente recoñecible entre outros temas secundarios que fan a función de estrofas.

O rondó é, pois, unha forma musical que ten un tema principal que se repite,

intercalado entre outros temas diferentes. A súa estrutura é: ABACADA.    

     


GREENSLEEVES - popular inglesa

Greensleeves é unha canción do folclore inglés, popularizada durante finais do século XV e ao longo de todo o século XVI. 
Era moi coñecida socialmente e interpretada polos pobos de diferentes lugares e tamén nos exércitos, cantándose cando estaban lonxe da casa. 
A temática é de amor dun cabaleiro a unha dama, que o rexeitaba,
Actualmente, a melodía é máis coñecida na versión instrumental que coral.