A VELOCIDADE NA MÚSICA
Adagio, andante e allegro
A maioría do vocabulario que se emprega na música vén do italiano.
Para referirnos á velocidade á que cantamos, tocamos ou danzamos existen as seguintes palabras:
Cando a música sona adagio faino de maneira lenta.
Cando a música sona andante faino normal, nin lento nin axiña.
Cando a música sona allegro ten unha velocidade rápida.
Escoita:
A INTENSIDADE
Forte, piano, fortissimo e pianissimo
Cando tocamos ou cantamos con moita intensidade de voz facémolo forte, e cando o facemos con pouca intensidade de voz facémolo piano. A música que sona moi forte faino fortissimo e a música que sona moi suave faino pianissimo. Escoita:
AUDICIÓNS
Glop, glop, glop
A DANZA DOS MIRLITÓNS
O DANUBIO AZUL- Johann Strauss
O Danubio azul é un vals, un tipo de baile moi elegante para bailar en festas.
O Danubio azul é un dos valses máis coñecidos do compositor Johann Strauss.
Escoita: 1, 2, 3; 1, 2, 3...
NUN MERCADO PERSA - Albert William Ketèlbey
JAZZ LEGATO -Leroy Anderson
PASEO EN TRINEO -Leroy Anderson
A DURACIÓN DAS FIGURAS MUSICAIS
. A negra dura 1 tempo.
. O silencio de negra dura 1 tempo.
. A branca dura 2 tempos.
. O silencio de branca dura 2 tempos.
. A parella de corcheas dura 1 tempo.
Escoita e compróbao:
LECTURA RÍTMICA













