Por:Música Vitamínica
o 30.10.24
/
A NOTA DO AGUDA (DO´)
A nota do´atópase no terceiro espazo do pentagrama. Fíxate e memorízaa!.
Fíxate que están en cor negra as notas fa, sol, la e si que xa debes saber. A nota do´aparece en cor vermella. Di do cada vez que a vexas, e o nome das outras notas sen a axuda das cores. Fíxate nos signos de repetición. Concéntrate, vai amodo e, adiante!.
Con negras:
Con negras, brancas, silencio de negra, silencio de branca e parella de corcheas (lembra repetir os compases que se indican):
A NOTA RE
A nota re sitúase no espazo inferior do pentagrama. Observa e practica:
Lectura 1
Lectura 2
Lectura 3

The Entertainer (o animador ou a animadora) é unha peza instrumental con ritmos sincopados e melodía alegre. (Os ritmos sincopados son os que se crean con síncopas cando unha nota se toca ou se canta nun tempo débil e se prolonga ata un tempo forte. Darémolo nos seguintes cursos).
Scott Joplin é coñecido como o rei do ragtime. O ragtime é un xénero musical que ten ritmos que proveñen da música africana.
Scott Joplin empregou esta composición para reflexar a música que era una forma de entretemento e escape para moitas persoas.
O ragtime e, en particular "The Entertainer", reflexa a vida nos Estados Unidos a comezos do século XX.
REGUEIFAMOS:
A regueifa é un canto entre dúas ou máis persoas que seguen a mesmo cantar ou melodía durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. A disputa é exposta a través, precisamente, do canto da regueifa. Admite diferentes temáticas e é apta para todos os públicos.
Tag:
Estratexias básicas de análises
o acento e o compás
o carácter e a dinámica
O pulso
O tempo
Principais profesións
propostas musicais
Gústame moito o exemplo de allegro, e tamén a canción DO RE MI DO
ResponderEliminarGústame moito a cáncion Frere Jaques faime sentir moi tranquila.
ResponderEliminar