O diapasón é un aparello en forma de horquilla que vibra 440 veces por segundo e produce a nota LA. É unha medida universal para afinar os instrumentos musicais no mesmo tono.
Os instrumentos de vento poden ser de vento-madeira (normalmente están feitos de madeira; o son prodúcese pola vibración do aire no propio instrumento soprando nun bisel ou a través dunha cana) ou de vento-metal (están fabricados con metal; o son prodúcese pola vibración dos beizos na boquilla da embocadura).
Os instrumentos de percusión soan ao golpear, axitar ou raspar o corpo do instrumento ou o seu parche. Ademais, poden ser: de altura determinada (permítennos interpretar melodías) ou de altura indeterminada (só permiten interpretar ritmos).

![]() |
A CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO
As voces máis agudas son as de muller e as voces máis graves as de home.
As voces de nena e de neno chámanse voces brancas e son agudas.
. Mezzosoprano: se é medio aguda.
. Contralto: se é moi grave.
. Barítono: se é medio aguda.
. Baixo: se é moi grave.
- As voces de soprano cantan todas as notas do pentagrama e, ademais, tres notas sobreagudas e dúas notas máis graves.
- As voces mezzosoprano cantan comodamente case todas as notas do pentagrama e poden cantar tres notas máis agudas e dúas notas máis graves.
- As voces contralto están máis cómodas cantando notas medias e graves, aínda que son quen de executar as notas máis agudas do pentagrama e notas súper graves.
- As voces de tenor cantan todas as notas do pentagrama e dúas notas máis agudas e tres notas máis graves.
- As voces de barítono e as voces de baixo son as máis graves e precisan doutra clave para representar a súa tesitura; a clave de fa, que representa sons moito máis graves que non se poden representar coa clave de sol.
- Os barítonos cantan comodamente as notas medias e dúas máis agudas e tres máis graves fora do pentagrama.
- Os baixos son executan notas moi graves.
Coñece mezzosopranos internacionais aquí.
CONTRALTO ESPAÑOLA:
Mar Campo
Escoita as seguintes voces masculinas:
AS AGRUPACIÓNS VOCAIS
VOCABULARIO
A altura: A altura é a calidade do son que nos permite considerar un son agudo, medio ou grave segundo o número de vibracións por segundo que produce. A máis vibracións, máis altura.
Duración: A duración é a calidade do son que determina se un son é longo ou curto.
A unidade de medida da duración en música é o pulso. ,A duración dos sons represéntase coas figuras. A duración da ausencia de son represéntase cos silencios.
Intensidade: A intensidade é a calidade do son que nos permite coñecer se un son se produce forte ou suave. Fai referencia ao volume co que sona.
Timbre: O timbre é a calidade do son que nos permite diferenciar uns sons doutros.
Diapasón: Aparello en forma de horquilla que vibra 440 veces por segundo e produce a nota LA. É unha medida universal para afinar os instrumentos no mesmo tono.
Corda fretada: Grupo de instrumentos que producen son ao fretarse as súas cordas.
Corda pulsada: Grupo de instrumentos que producen son ao pulsarse as súas cordas.
Corda percutida: Grupo de instrumentos que producen son ao percutirse as súas teclas.
Vento-madeira: Grupo de instrumentos que producen son ao vibrar o aire no propio instrumento soprando por un bisel ou a través dunha cana.
Vento-metal: Grupo de instrumentos que producen son ao vibrar os beizos na boquilla dunha embocadura.
Percusión de altura determinada: Grupo de instrumentos que producen son melódico.
Percusión de altura indeterminada: Grupo de instrumentos que producen son rítmico.
Solista: Instrumentista que toca individualmente.
Dúo: Pequena agrupación de dous intrumentos que tocan xuntos.
Trío: Pequena agrupación de tres instrumentos que tocan xuntos.
Cuarteto: Pequena agrupación de catro instrumentos que tocan xuntos.
Banda: Agrupación mediana formada por instrumentos de vento e de percusión.
Orquestra de cámara: Agrupación mediana formada por instrumentos de corda.
Orquestra sinfónica: Gran agrupación formada por un gran número de instrumentos de corda, de vento e de percusión.
Semicorchea: Figura que dura a cuarta parte dun tempo musical.
Re´: Nota que se escribe na cuarta liña do pentagrama e coa plica cara abaixo.
Forma: Organización das diferentes partes dunha obra musical.














