Practica la LECTURA DE NOTAS

Screenshots

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?

O PIRIMPIMPÍN-popular galega 

Aprende a letra:

Teño dentro do meu peito
unha laranxa partida,
para darlle ao meu amor
o pirim pirim pim pim
para darlle a miña vida.

Pirimpimpin pim pim pim pim
Manolo vira pra acá,
Maria vira pra aquí (bis)

De Portugal me mandaron
tres peras nun ramalliño,
quen me dera a min saber
o pirim pirim pim pim
quen me ten tanto cariño.

Pirimpimpim, pim pim, pim pim,
Manolo virá pra acá,
María vira pra aquí (bis)

Do outro lado do río,
do outro lado meu ben,
do outro lado do río
o pirim pirim pim pim
teño a que lle quero ben.

Pirimpimpim, pim pim, pim pim,
Manolo virá pra acá,
María vira pra aquí (bis)

Ao entrar en Sanguiñeda
hai un lexo de letreiro
que sempre está a dicir:
"O pirim pirim pim pim
Portugal meu compañeiro".

Pirimpimpim, pim pim, pim pim,
Manolo virá pra acá,
María vira pra aquí (bis)

Rebola o pai, rebola a nai,
rebola a filla,
eu como son da familia
tamén quero rebolar (bis)

Pirimpimpim, pim pim, pim pim,
Manolo virá pra acá,
María vira pra aquí (bis)

Rebola o pai, rebola a nai,
rebola a filla,
eu como son da familia
tamén quero rebolar (bis)

Pirimpimpim, pim pim, pim pim,
Manolo virá pra acá,María vira pra aquí (bis)




Aprende a letra:


- Señora María, por que está anoxada?,
   Señora María, por que está anoxada?. 
- De buscar o pato eu xa vou cansada,
  De buscar o pato eu xa vou cansada.

Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!,
Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!.

Este pato tiña pecas no peteiro,
Este pato tiña pecas no peteiro,
comía na mesa con viño do Ribeiro,
comía na mesa con viño do Ribeiro,

Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!,
Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!.

Antonio da ialma, búscame este pato
Antonio da ialma, búscame este pato;
se non o trouxeras mira que te mazo
se non o trouxeras mira que te mazo.

Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!,
Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!.

Bota de charol, na crisma chapeu
Bota de charol, na crisma chapeu
o ghalopín tiña estilo de seu
o ghalopín tiña estilo de seu.

Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!,
Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!.

Peito colorado, andar moi gharboso
Peito colorado, andar moi gharboso;
o parrulo deixa o corazón roto
o parrulo deixa o corazón roto.

Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!,
Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!.

 

Tocamos:


ELEMENTOS DE REPRESENTACIÓN NA DANZA


1. Corpo



O corpo é o elemento indispensable da danza. Ao bailar, os movementos pódense enfocar en determinadas partes do corpo como na cabeza, no torso, nas pernas, nos pés ou nos brazos. Pero tamén se poden enfocar os movementos no conxunto do corpo; por exemplo, estirado, encollido, dobrado... para expresar un significado concreto.

2. Acción

A danza céntrase na acción de bailar; é dicir, de mover o corpo ao ritmo da música seguindo unha técnica.

Poden facerse movementos nun punto específico do espazo; por exemplo, movemento de caída, de alongamento dunha parte do corpo, xiros sobre un mesmo.

Tamén poden facerse movementos dun punto a outro do espazo; é dicir, que permiten ao bailarín desprazarse na danza; por exemplo, movementos camiñando ou saltando en sitios diferentes.

3. Espazo

Os bailaríns ocupan un espazo cos sus movementos e xestos.

Poden danzar nun punto fixo ou desprazarse por diferentes zonas do escenario.

4. Tempo

O tempo no que se deben facer os pasos dunha danza márcao o ritmo da música, xa que o ritmo é o elemento que indica a duración, a rapidez e, polo tanto, o momento da execución dos pasos nun baile. 

5. Enerxía

A enerxía refírese ao uso da forza, empregando tanto calidades físicas, como o peso do corpo, como emocionais, que caracterizan os movementos na danza. 


A RESPIRACIÓN NA DANZA

Aprender a respirar é importante. Dominar técnicas de respiración permite manter a enerxía durante toda a coreografía, evitar o esgotamento prematuro e mellorar a concentración. 

A respiración durante a danza debe ser lenta e profunda e a través do nariz, nunca pola boca.

Nunha respiración axeitada, o peito e os ombros non deben levantarse.

Antes de danzar, faremos:

  • Quentamento: con exercicios de respiración para preparar o corpo e a mente.
  • Ensaio: sincronizando a respiración coa coreografía, identificando os momentos clave para inhalar e exhalar.
  • Enfriamento: con respiracións profundas para relaxar os músculos e reducir a frecuencia cardíaca.

A HIXIENE POSTURAL NA DANZA

A danza implica un traballo moi completo de todo o corpo: forza, axilidade, control do movemento e do equilibrio, e lixeireza. Polo tanto, é unha boa ferramenta para mellorar a nosa postura.

O principal obxectivo da hixiene postural é previr sobrecargas musculares e lesións, ademais de permitir unha óptima respiración

Unha correcta hixiene postural promove o mantemento da postura correcta do corpo durante a realización das actividades da vida diaria. Grazas a unha postura axeitada, combinada cunha respiración correcta, poderás conseguir realizar as actividades con menor esforzo.  

Ao danzar, debemos partir dunha boa postural corporal para poder facer os diferentes movementos eficazmente.



Ningún comentario:

Leave a Reply