UNIDADE 5 1º

EXERCICIO RÍTMICO 1 


Cando vemos un paxaro damos unha palmada. Cantos paxaros hai? Catro? Pois catro palmadas. Miramos o primeiro paxaro na primeira palmada, o segundo coa segunda palmada, o terceiro na terceira e miramos o cuarto na cuarta palmada. Á de tres comezamos. 1, 2 e 3:


Agora vemos un niño baleiro. Non hai paxaro. Non hai son. Agardamos sen palmear mirando para cada niño no tempo en que daríamos a palmada.


Agora hai paxaro e logo marcha. Facemos catro palmadas e agardamos o tempo doutras catro palmadas. Todo seguido. Á de tres: 1, 2 e 3:

Fixámonos. O paxaro vai voando en busca de comida. Está e marcha, está e marcha... Palmeamos cando está e esperamos cando non está. Á de tres: 1, 2 e 3:



EXERCICIO RÍTMICO 2

Pensamos que a negra é o paxaro e palmeamos como no exercicio anterior. Cada vez que vemos esta figura musical damos unha palmada, vale? Á de tres: 1, 2 e 3:


Moi ben. Agora pensamos que o silencio é o niño baleiro do paxaro e esperamos como fixemos antes. 


Agora todo seguido. Palmeamos nas negras e esperamos nos silencios. Á de tres: 1, 2 e 3:


 
E agora? Palmada, esperamos, palmada, esperamos... 1, 2 e 3:


Por último, escollemos Persoa 1 e Persoa 2 para facer o ritmo que corresponde. Contamos ata 3 e comezamos ao mesmo tempo. Logo cambiaremos e facemos a liña que fixo a outra persoa facendo o cambio sen parar no medio. Facémolo unha vez lento, outra normal e outra rápida.


Agora:


E por último:


AS FIGURAS MUSICAIS

As figuras musicais representan os ritmos que facemos co corpo ou cos instrumentos. Lembramos as que aprendemos:

 LECTURAS RÍTMICAS

Practica con palmadas:

Lectura 1


Lectura2



Lectura 3



O PENTAGRAMA

pentagrama é o conxunto de cinco liñas e catro espazos nos que escribimos a música.



A CLAVE DE SOL

Sabemos como se chaman as notas gracias á clave de sol. A clave de sol colócase ao comezo do pentagrama. Nace na segunda liña (contando desde abaixo). Ten unha forma enrolada como a cuncha dun caracol, estírase e baixa rematando cun rabiño. Míraa:


AS NOTAS MUSICAIS

As notas musicais son sete. Con elas fanse as melodías das cancións. O nome das notas musicais é: 

DOREMIFASOLLA e SI.

No pentagrama escribimos primeiro a clave de sol e despois as notas musicais.

As notas desde a primeira ata a última forman unha escala musical.

Cando a escala sona cara arriba; é dicir de grave a agudo, a escala é ascendente e cando a escala sona cara abaixo; é dicir, de agudo a grave, a escala é descendente. Mira: 

AS NOTAS SOL E MI

A nota sol sitúase na segunda liña do pentagrama. A nota mi sitúase na primeira liña do pentagrama. A nota sol é máis aguda que a nota mi. A nota mi é máis grave que a nota sol. Míraas con atención, memorízaas e practica dicindo en voz alta sol ou mi:

LECTURAS DE NOTAS

Lectura 1


A NOTA LA

A nota la sitúase no segundo espazo do pentagrama. A nota la é máis aguda que a nota mi e que a nota sol. Observa e practica diciendo en voz alta misol ou la:

Lectura 2

Lectura 3

Lectura 4


Lectura 5


Lectura 6


Lectura 7





Comentarios