REMATE DE CURSO 2023-2024
Por: Música Vitamínica o 21.6.24 / comentarios: 4 1º, 2º, 3, 4º, 5º, 6º, fin de curso
Toca descansar o corpo e a mente tras un curso máis que remata.
Deséxovos unhas felices vacacións e que pasedes un bo verán.
Vémonos á volta!.
Apertas.
MÁIS IOGA EN 2º
Por: Música Vitamínica o 13.6.24 / comentarios: 1 2º, concentración, ioga, memoria, relaxación, respiración, silencio
Rematamos as clases de ioga con seis posturas máis practicadas, e xa van dezaoito en total.
Xa sabedes que podedes seguir practicándoas, xunto coa técnica de respiración traballada na aula, na pestana Segundo dentro do terceiro trimestre.
Agora, as fotografías de hoxe.
Ben feito!.
A EXPERIENCIA DO CORRELINGUA
Por: Música Vitamínica o 18.5.24 / comentarios: 2 2º, 3º, 4º, 6º, canción galega, cultura musical, expresión, LETRAS GALEGAS
A experiencia da xornada de convivencia cunha festa final grazas ao programa Correlingua foi todo un éxito.
Os maiores conseguiron cumplir cos quilómetros ata a meta. Cantando fíxose máis levadeiro o traxecto. Tras a merenda, rematamos co concerto final da festa.
Os pequenos resistiron moi ben a andaina e gozaron cantando e bailando en lingua galega tanto ou máis que os maiores.
Así foi, que puxeron todas as ganas e os propios músicos quedaron encantados co traballo realizado sobre o tema "Miña nai".
Parabéns!.
Así recolleu esta xornada a prensa: La Opinión, La Voz de Galicia.
ACCESO AO CONSERVATORIO
Por: Música Vitamínica o 7.5.24 / comentarios: 0 2º, 3º, 4º, 5º, 6º, arte, cantar, cerebro musical, conservatorio, cultura musical, ESTUDAR MÚSICA, instrumentos, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, interpretación, tocar
CANCIÓN MIÑA NAI
Por: Música Vitamínica o 5.5.24 / comentarios: 5 2º, 3º, 4º, 6º, canción galega, cultura musical, expresión, LETRAS GALEGAS
Nenas e nenos de 2ºA, 2ºB, 3ºC, 4ºA, 6ºA e 6ºC, por fin saiu o videoclip da canción tan cantada estes días.
Velaquí están os compoñentes do grupo, que fan que as súas nais sexan as protagonistas xa que o tema vai adicado a todas elas.
Moi chulo. Desfrutádeo!.
INSTRUMENTOS VIRTUAIS
Por: Música Vitamínica o 3.5.24 / comentarios: 0 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º, cerebro musical, CREATIVIDADE, TIC
Experimenta melodías e ritmos con instrumentos virtuais online. Es quen de tocar algunha canción coñecida ou de crear un ritmo ou unha melodía propia?.
VOZ (IDEAS PARA A MÁQUINA 6º CURSO)
IMOS DE FESTA 2º, 3º, 4º E 6º (APRAZADA)
Por: Música Vitamínica o 2.5.24 / comentarios: 3 2º, 3º, 4º, 6º, arte, cerebro musical, cultura, expresión, Galicia, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL, movemento, técnica vocal
Por mor da previsión para mañá dun día chuvioso, esta saída levarase a cabo o venres día 10 de maio, agardando que as condicións meteorolóxicas o permitan.
Repasade aquí o preparado na aula.







































