Practica la LECTURA DE NOTAS

Screenshots

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?

UNIDADE 2 3º

FIGURAS E SILENCIOS. EQUIVALENCIAS.



A CORCHEA E O SEU SILENCIO

A figura de corchea dura medio tempo e indicámolo así: 1/2. Para conseguir formar un tempo precisamos de dúas corcheas (1/2+1/2=1).


Este é o silencio de corchea. Como os silencios duran o mesmo que a súa figura e a corchea dura medio tempo, o silencio de corchea dura tamén medio tempo. Para formar un tempo precisamos de dous silencios de corchea. Pero tamén podemos combinar medio tempo dunha corchea e medio tempo dun silencio de corchea para formar a duración dun tempo.



COMPASES DE 2, 3 E 4 TEMPOS

(dous por catro, tres por catro e catro por catro).

 



OS SIGNOS DE REPETICIÓN

Empregamos signos de repetición para simplificar a escrita musical e non ter que escribir dúas veces os mesmos compases. O seguinte signo de repetición chámase dobre barra con dous puntos. Pode aparecer dúas veces ou só unha vez. Cando aparece dúas veces indica que os compases que están dentro das dobres barras con dous puntos se repiten. Cando aparece unha soa vez debemos cantar ou tocar toda a música de novo.




A TESITURA

A tesitura é o conxunto de notas que unha persoa pode cantar ou que un instrumento pode tocar. Dependendo das cordas vocais que cada persoa ten e do tamaño de cada instrumento, poderá ter unha tesitura máis grande ou máis pequena. Por exemplo, o xilófono ten unha tesitura pequena, o clarinete ten unha tesitura media e o piano ten unha tesitura grande.
Escoita a tesitura do xilófono, a tesitura do clarinete e a tesitura do piano:

 

A que outro instrumento pensas que pertence esta tesitura?.


Escoita a voz coa tesitura máis grave que se coñece.

    


 FRERE JACQUES - canción popular francesa


CANTAMOS:                  TOCAMOS:

  

CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO II

CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO II

Agora que xa sabemos un pouco máis sobre a clasificación das voces no canto, do seu timbre e da súa tesitura, imos coñecer a voz das seguintes cantantes femininas e dos seguintes cantantes masculinos. Atención porque... lembras que a voz de home máis aguda que o tenor é o contratenor? No seguinte vídeo aparece este tipo de voz e de seguro que a vas recoñecer facilmente. Adiante!.


                                      Escoita máis voces femininas:                                       



Agora escoita máis voces masculinas:




CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO III

                            CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO III


Hoxe escoitamos unha selección de estupendas voces de cantantes femininas. 


SOPRANOS ESPAÑOLAS


Ángeles Chamorro

Victoria de los Ángeles 

Ana María Sánchez

Pilar Lorengar

María Bayo

Monstserrat Caballé 

Montse Martí 

Cristina Ramos


MEZZOSOPRANOS ESPAÑOLAS

Conchita Supervía

Teresa Berganza

María José Montiel

Andrea Trueba

Carmen Ariza

Coñece máis mezzosopranos internacionais aquí.


CONTRALTOS ESPAÑOLAS

Mar Campo





CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO IV

CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO IV

Imos hoxe coas voces masculinas. Coñecemos algúns cantantes líricos e as súas xeniais voces. 

Escoita con atención!.


TENORES ESPAÑOIS

Jorge de León

Sergio Escobar


BARÍTONOS ESPAÑOIS

José Antonio López

Carlos Marín



BAIXOS ESPAÑOIS

Carlos Chausson


O tenor José Manuel Zapata explícanos brevemente a importancia da música.



🎶