BAILAMOS
UNIDADE 5 5º
Por: Música Vitamínica o 23.12.24 / comentarios: 12 Aplicación dos contidos tratados desevolvendo ao máximo as destrezas traballadas. Interiorización das propias posibilidades expresivas.
A TEATRALIDADE
A teatralidade é a calidade do teatro que fai referencia ao conxunto de signos e de sensacións construidas dentro dunha escena a partir dun argumento que xa foi escrito.
CARACTERÍSTICAS DA TEATRALIDADE
1. Fai que o espectador vibre ao mesmo tempo que o fan os actores.2. Permite ao espectador vivir unha escena con drama, reflexión, crítica, divirtíndose e emocionándose.3. Pretende conmover as emocións dos espectadores.
ESTRUTURA DUNHA OBRA DE TEATROA maioría das obras de teatro divídense en tres actos, cada un coa súa propia función e propósito.O primero acto emprégase para presentar os personaxes, establécese o escenario da situación inicial e introdúcese o conflito que impulsará a trama. O segundo acto desenvolve o conflito e aumenta a tensión dramática, levando os personaxes a enfrontar desafíos e complicacións.Finalmente, no terceiro acto resólvese o conflito e conclúe a historia.VOCABULARIOO acto: É a división principal dunha obra de teatro, semellante aos capítulos nunha novela. Unha obra de teatro pode ter un ou varios actos.A escena: Cada acto componse de escenas con situacións que se desenvolven nun mesmo lugar e tempo.O diálogo: É a conversa entre os personaxes da obra e é a forma na que se desenvolve a trama.O monólogo: É o discurso que un personaxe pronuncia en solitario, sen interactuar con outros personaxes.O aparte: É unha frase que un personaxe di en voz baixa, que non escoitan os demais personaxes, e que serve para revelar os seus pensamentos ou sentimentos ao público.As acotacións: Son as indicacións que o autor ou autora dá sobre a posta en escena, como a descrición dos personaxes, o vestiario ou a iluminación.A exposición: É a información que se dá ao público ao comezo da obra para situalo na trama e presentar os personaxes.O nó: É o transcurso da obra no que se desenvolve a trama principal e se chega ao punto de máxima tensión.O clímax: É o punto de máxima tensión da trama da obra.O desenlace: É a resolución da trama e o final da obra.
DRAMATIZAMOS
Actividades:
Afinidades (percepción e expresión)
A través de ti (expresión)
A nosa historia (expresión e creatividade)
BAILAMOS
Estrofa:
Básico cruzado dereita-básico cruzado esquerda,
básico cruzado dereita-volta á esquerda.
Instrumental:
Básico no sitio.
Retrouso:
Básico adiante, básico atrás,
básico adiante, básico atrás.
Repísete todo, a estrofa, a parte instrumental e o retrouso.
Baile moderno
A teatralidade é a calidade do teatro que fai referencia ao conxunto de signos e de sensacións construidas dentro dunha escena a partir dun argumento que xa foi escrito.
CARACTERÍSTICAS DA TEATRALIDADE
DRAMATIZAMOS
Actividades:
Afinidades (percepción e expresión)
A través de ti (expresión)
A nosa historia (expresión e creatividade)
BAILAMOS
Estrofa:
Básico cruzado dereita-básico cruzado esquerda,
básico cruzado dereita-volta á esquerda.
Instrumental:
Básico no sitio.
Retrouso:
Básico adiante, básico atrás,
básico adiante, básico atrás.
Repísete todo, a estrofa, a parte instrumental e o retrouso.
Baile moderno
UNIDADE 5 4º
Por: Música Vitamínica o 23.12.24 / comentarios: 77 Aplicación dos contidos tratados desevolvendo ao máximo as destrezas traballadas. Interiorización das propias posibilidades expresivas.
VOCABULARIO
ELEMENTOS DE REPRESENTACIÓN ESCÉNICA
Escenario – Plataforma na que os actores representan a obra.
Escena – Parte da división dunha obra de teatro, na que ocorre una acción concreta.
ROLES E PROFESIÓNS ESCÉNICAS
TÉCNICAS NA ARTE DRAMÁTICA
EQUIPAMENTO NA ARTE DRAMÁTICA
DRAMATIZAMOS
Actividades:
Escríbeo (imaxinación)
Discordancias (expresión)
O circo (imaxinación e expresión)
BAILAMOS
UNIDADE 5 3º
Por: Música Vitamínica o 23.12.24 / comentarios: 0 Aplicación dos contidos tratados desevolvendo ao máximo as destrezas traballadas. Interiorización das propias posibilidades expresivas.
As artes escénicas son un conxunto de disciplinas artísticas que teñen como obxectivo principal a representación en vivo dunha obra fronte ao público nun escenario.
As artes escénicas son a danza, a ópera, o teatro, o musical e o circo.
A combinación de diferentes elementos como a música, o movemento, a interpretación e o deseño escénico crea unha experiencia sensorial única para os espectadores.
Danza
A danza emprega o corpo en movemento en conxugación coa música para expresar emocións e narrar historias.
Existen diferentes tipos de danzas, como a danza clásica ou a danza moderna, cada unha coa súa técnica de movementos.
A danza empregouse ao longo da historia como unha forma de celebración, de expresión cultural e de comunicación non verbal entre as comunidades.
Ópera
A ópera combina a música, a interpretación e a escenografía para contar unha historia.
Os cantantes empregan as súas voces para dar vida aos personaxes, mentres que a música da orquestra crea o ambiente sonoro axeitado. A ópera é considerada como unha das formas máis complexas de arte escénica, xa que require dun alto nivel de habilidade vocal e interpretativa por parte dos artistas.
Teatro
No teatro, as actrices e actores interpretan personaxes e dialogan entre si para contar unha historia. Empréganse elementos como a escenografía, o vestiario, a iluminación e o son para crear un ambiente que transporte ao público a diferentes lugares e épocas.
Musical
O musical combina música, canto, danza e interpretación no mesmo espectáculo.
Os artistas son pois, cantantes, bailaríns e actores.
Circo
O circo combina acrobacias, malabares, equilibrismo, domadores e paiasos para entreter ao público. Os artistas circenses adoitan realizar as actuacións en carpas móbiles, empregando elementos como trapecios, teas acrobáticas e aros.
DRAMATIZAMOS
Actividades:
Que dis? (expresión)
Que sona? (percepción e expresión)
O televisor (percepción e acción)
A nosa historia (imaxinación e expresión)
BAILAMOS
UNIDADE 5 2º
Por: Música Vitamínica o 23.12.24 / comentarios: 3 Aplicación dos contidos tratados desevolvendo ao máximo as destrezas traballadas. Interiorización das propias posibilidades expresivas.
UNIDADE 5 1º
Por: Música Vitamínica o 23.12.24 / comentarios: 1 Aplicación dos contidos tratados desevolvendo ao máximo as destrezas traballadas. Interiorización das propias posibilidades expresivas.
Lectura 8
Lectura 9





















