Curso 2025-2026

UNIDADE 3 5º

CANTAMOS:



 


PROFESIÓNS RELACIONADAS COA MÚSICA

É esencial ter habilidades musicais para traballar como profesional da música.

Algunhas das profesións relacionadas co mundo da música son:


Compositor ou compositora



O compositor ou compositora crea música orixinalxa sexa para cancións, películas, anuncios ou videoxogos. Pode compoñer a música ou a música e a letra se se trata dunha canción. 

Moitos compositores e compositoras traballan en colaboración con outros artistas, o que lles permite expandir as súas oportunidades laborais. 

Produtor ou produtora musical


Oproductores musicais supervisan a gravación e producción de música. O seu traballo inclúe seleccionar cancións, traballar con artistas no estudo e mesturar sons. Co aumento da produción musical independente, a demanda de produtores e produtoras medrou.


Intérprete


O músico intérprete pode ser cantante, instrumentista e interpretar só ou en agrupaciónsPode facelo en vivo, gravar nun estudo, e ata participar en bandas sonoras de películas. Moitos músicos intérpretes traballan de maneira independente.


Docente de Música



Os docentes de Música son esenciais para a formación das novas xeracións de músicos. Son profesionais que forman a alumnas e alumnos na teoría e na práctica musical.

Os docentes de Música poden traballar en escolas, academias de Música ou conservatorios. educación musical é cada vez máis importante, polo que moitos músicos se adican tamén ao ensinoOs docentes de música transmiten coñecementos musicais e educan para o desenvolvemento da musicalidade nas persoas.


Musicoterapeuta



Profesional que traballa con música para mellorar o benestar emocional, físico, cognitivo ou social en pacientes de todas as idades con problemas variados como lesións cerebrais, saúde mental ou discapacidades físicas.



O TEMPO