1º TRIMESTRE 5º
Por: Música Vitamínica o 13.9.23 / comentarios: 1 1º TRIMESTRE 5º, BATERÍA, cerebro muiscal, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL
O ROCK AND ROLL _ 5º
Por: Música Vitamínica o 13.9.23 / comentarios: 10 5º, actividades, BATERÍA, baterista, cultura musical, instrumentos, percusión, práctica, ritmo, técnica
O ROCK & ROLL
O rock&roll é un estilo musical que xurdiu nos Estados Unidos de América na década de 1950. Trátase de ritmos marcados e derivados da música folclórica estadounidense. Rapidamente difundiuse por todo o mundo e evolucionou cara unha gran variedade de estilos.
O rock&roll caracterízase polo uso de instrumentos electrófonos, como a guitarra eléctrica e o baixo eléctrico, e polo marcado carácter rítmico que achega a batería.
A BATERÍA
A batería é un conxunto de instrumentos de percusión de altura indeterminada tocados por un só músico: o ou a baterista.
É un instrumento indispensable para varias agrupacións, especialmente para a música pop, o blues, o jazz, o rock ou o heavy metal.
A súa función é marcar o ritmo e os tempos da melodía, aínda que co tempo foi evolucionando cobrando o seu propio protagonismo dentro de moitas bandas de rock, chegando a ser instrumento solista.
A batería está composta por distintos elementos que se tocan con baquetas e pedais. Estes elementos son:
. Bombo: gran tambor de son grave que se golpea cun mazo accionado por un pedal (imaxe).
. Toms: dous ou tres tambores de diferentes tamaños situados aos lados do intérprete.
. Caixa ou redobrante: pequeno tambor cunha tira metálica na parte inferior que lle dá un son característico.
. Pratos: dous discos metálicos que se golpean con baquetas e vasoiriñas (imaxe)
. Charles/ hit-hat: dous pratos que se chocan entre si accionados por un pedal.
Batería acústica
Escoita como sona cada un dos elementos:
Baterista solista
Batería electrónica
ACTIVIDADE: Practica completando os elementos da batería.
ACTIVIDADE: Que elemento está sonando?.
Elvis Presley foi un cantante moi destacado e os grupos máis influíntes foron The Beatles, Queen, Led Zeppelin e The Rolling Stones.
A BATERÍA _ 6º
Por: Música Vitamínica o 22.12.22 / comentarios: 17 6º, BATERÍA, cerebro musical, cultura musical, INSTRUMENTOS MUSICAIS, percusión
A BATERÍA
A batería é un conxunto de instrumentos de percusión de altura indeterminada tocados por un só músico: o ou a baterista.
É un instrumento indispensable para varias agrupacións, especialmente para a música pop, o blues, o jazz, o rock ou o heavy metal.
A súa función é marcar o ritmo e os tempos da melodía, aínda que co tempo foi evolucionando cobrando o seu propio protagonismo dentro de moitas bandas de rock, chegando a ser instrumento solista.
A batería está composta por distintos elementos que se tocan con baquetas e pedais. Estes elementos son:
. Bombo: gran tambor de son grave que se golpea cun mazo accionado por un pedal (imaxe).
. Toms: dous ou tres tambores de diferentes tamaños situados aos lados do intérprete.
. Caixa ou redobrante: pequeno tambor cunha tira metálica na parte inferior que lle dá un son característico.
. Charles/ hit-hat: dous pratos que se chocan entre si accionados por un pedal.
Batería acústica
Escoita como sona cada un dos elementos:
Baterista solista
Batería electrónica
ACTIVIDADE: Practica completando os elementos da batería.
ACTIVIDADE: Que elemento está sonando?.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Entradas máis lidas
Etiquetas
25 novembro
(1)
AUDICIÓNS
(4)
CANCIÓNS GALEGAS
(5)
Coordinación rítmica
(2)
Danza
(5)
INSTRUMENTOS MUSICAIS
(7)
LETRAS GALEGAS
(15)
LINGUAXE MUSICAL
(71)
MÚSICA E EVOLUCIÓN
(1)
beneficios da música
(6)
compositores
(2)
concerto
(13)
conservatorio
(4)
creación de ritmos
(1)
cultura musical
(83)
día da paz
(2)
magosto
(3)
mente e curiosidades
(15)
repaso
(15)
tocar
(13)



















































