UNIDADE 1 5º
Por: Música Vitamínica o 2.10.24 / comentarios: 138 Escoita consciente de sons, instrumentos e propostas musicais. Aprendizaxe das características do son a través da notación non convencional e emprego de vocabulario.
O son é a materia prima da música.
O son é a sensación auditiva que percibe o noso oído cando un corpo sonoro en movemento produce unha vibración que se transmite a través do aire ata chegar ao noso oído.
O son pódese propagar por varios medios: o aire, a auga e os medios sólidos.
O aire é o medio máis lento polo que se transmite o son. Pola auga e por medios máis sólidos como o aceiro, o son transmítese moito máis axiña.
Nós escoitamos os sons e a música a través do aire, xa que as ondas sonoras van desde o corpo sonoro ata o noso oído.
UNIDADE 1 4º
Por: Música Vitamínica o 2.10.24 / comentarios: 166 Escoita consciente de sons, instrumentos e propostas musicais. Aprendizaxe das características do son a través da notación non convencional e emprego de vocabulario.
UNIDADE 1 3º
Por: Música Vitamínica o 2.10.24 / comentarios: 2 Escoita consciente de sons, instrumentos e propostas musicais. Aprendizaxe das características do son a través da notación non convencional e emprego de vocabulario.
UNIDADE 1 2º
Por: Música Vitamínica o 2.10.24 / comentarios: 2 Escoita consciente de sons, instrumentos e propostas musicais. Aprendizaxe das características do son a través da notación non convencional e emprego de vocabulario.
AS CALIDADES DO SON
O son de cada persoa é único e diferente ao das demais persoas.
Tamén cada animal ten un son propio. O son dunha vaca é diferente ao son dun cabalo e diferente ao son dunha galiña.
Algúns obxectos tamén fan son, como unha campá, as agullas dun reloxo, un timbre, unha serea...
Os instrumentos musicais de láminas son instrumentos da familia da percusión cos que podemos tocar as melodías das cancións que máis nos gustan.
O metalófono é grande e ten as láminas grosas e de metal. O seu son resona como o eco.
O xilófono é mediano ou grande e ten as láminas de madeira. O seu son é oco, non resona.
O carillón é pequeno e ten as láminas de metal. O seu son é brillante, fino e cristalino.
Todos, o metalófono, o xilófono e o carillón tócanse con baquetas.
Compositor ou compositora: profesional que crea obras obras musicais. Pode compoñer a música, ou a música e a letra se se trata dunha canción.
Director ou directora de orquestra: é a figura de referencia para os intérpretes. Coordina todas as familias de instrumentos da orquestra e dirixe a súa interpretación cunha batuta dándolles as indicacións para a correcta interpretación da obra.
Un director ou directora de orquestra estuda durante moito tempo as partituras. Ten que entendelas para despois traballalas con precisión nos ensaios cos instrumentistas e que finalmente saian o mellor posible nos concertos, transmitindo a súa visión artística primeiro aos intrumentistas para que dean vida á música, e despois ao público. Cando isto se produce, a interpretación é unha experiencia impactante e emocionante.
Instrumentista: profesional que interpreta música cun instrumento que domina.
Público: conxunto de espectadores que asisten a un mesmo espectáculo.
UNIDADE 1 1º
Por: Música Vitamínica o 2.10.24 / comentarios: 1 Escoita consciente de sons, instrumentos e propostas musicais. Aprendizaxe das características do son a través da notación non convencional e emprego de vocabulario.
A REPRESENTACIÓN DO SON
OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN





















