Practica la LECTURA DE NOTAS

Screenshots

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?

UNIDADE 5 5º

A TEATRALIDADE

A teatralidade é a calidade do teatro que fai referencia ao conxunto de signos e de sensacións construidas dentro dunha escena a partir dun argumento que xa foi escrito.

CARACTERÍSTICAS DA TEATRALIDADE

1. Fai que o espectador vibre ao mesmo tempo que o fan os actores.
2. Permite ao espectador vivir unha escena con drama, reflexión, crítica, divirtíndose e emocionándose.
3. Pretende conmover as emocións dos espectadores.

ESTRUTURA DUNHA OBRA DE TEATRO
A maioría das obras de teatro divídense en tres actos, cada un coa súa propia función e propósito.
O primero acto emprégase para presentar os personaxes, establécese o escenario da situación inicial e introdúcese o conflito que impulsará a trama. 
O segundo acto desenvolve o conflito e aumenta a tensión dramática, levando os personaxes a enfrontar desafíos e complicacións.
Finalmente, no terceiro acto resólvese o conflito e conclúe a historia.
VOCABULARIO
O acto: É a división principal dunha obra de teatro, semellante aos capítulos nunha novela. Unha obra de teatro pode ter un ou varios actos.
A escena: Cada acto componse de escenas con situacións que se desenvolven nun mesmo lugar e tempo.
O diálogo: É a conversa entre os personaxes da obra e é a forma na que se desenvolve a trama.
O monólogo: É o discurso que un personaxe pronuncia en solitario, sen interactuar con outros personaxes.
O aparte: É unha frase que un personaxe di en voz baixa, que non escoitan os demais personaxes, e que serve para revelar os seus pensamentos ou sentimentos ao público.
As acotacións: Son as indicacións que o autor ou autora dá sobre a posta en escena, como a descrición dos personaxes, o vestiario ou a iluminación.
A exposición: É a información que se dá ao público ao comezo da obra para situalo na trama e presentar os personaxes.
O :  É o transcurso da obra no que se desenvolve a trama principal e se chega ao punto de máxima tensión.
O clímax: É o punto de máxima tensión da trama da obra.
O desenlace: É a resolución da trama e o final da obra.


    DRAMATIZAMOS

Actividades:

Afinidades (percepción e expresión)

A través de ti (expresión)

A nosa historia (expresión e creatividade)

BAILAMOS

Bachata

Beat bachata 

Canción bachata

Estrofa:

Básico cruzado dereita-básico cruzado esquerda,

básico cruzado dereita-volta á esquerda.

Instrumental:

Básico no sitio.

Retrouso:

Básico adiante, básico atrás,

básico adiante, básico atrás.


Repísete todo, a estrofa, a parte instrumental e o retrouso.

Merengue

Beat merengue

Canción merengue

Salsa

Canción salsa

Baile moderno


UNIDADE 5 4º

 VOCABULARIO

ELEMENTOS DE REPRESENTACIÓN ESCÉNICA

Escenario – Plataforma na que os actores representan a obra.

Escena – Parte da división dunha obra de teatro, na que ocorre una acción concreta.

Guión –  Texto que contén os diálogos e as instrucións da obra.

Ensaio – Práctica que levan a cabo os actores antes da representación final.

ROLES E PROFESIÓNS ESCÉNICAS

Actor, actriz – Profesional que interpreta un papel nunha obra de teatro, película ou outra produción escénica.

Director, directora – Profesional que dirixe a obra de teatro, guiando aos actores e supervisando todos os aspectos dela.

Escenógrafa, escenógrafo – Profesional responsable do deseño e a creación do escenario.

Iluminador, iluminadora – Profesional que se encarga da iluminación do escenario.

Sonidista –  Profesional técnico que manexa o son nunha obra teatral.

Maquillador, maquilladora – Profesional que caracteriza os actores con maquillaxe no rostro como os personaxes que interpretan.

Vestiarista – Profesional que  deseña e prepara os traxes que empregan os actores.

TÉCNICAS NA ARTE DRAMÁTICA

Monólogo – Discurso extendido dun so personaxe nunha obra de teatro.

Diálogo – Conversa  entre dous ou máis personaxes nunha obra de teatro.

Coreografía – Deseño de secuencias de movementos para integralas en danzas.

Improvisación – Creación espontánea dun diálogo ou dunha acción sen seguir un guión preestablecido.

EQUIPAMENTO NA ARTE DRAMÁTICA

Telón – Cortina que se levanta ao comienzo e se baixa ao final dunha obra de teatro.

Micrófono –  Dispositivo de son que se emprega para amplificar a voz dos actores.

Altofalante –  Dispositivo que emite son para que poda ser escoitado polo público.

Proxector – Dispositivo que se emprega para amosar imaxes ou vídeos nunha pantalla grande.

Atrezzo – Conxunto de obxectos empregados nas escenas para apoiar a acción dos actores.

   DRAMATIZAMOS

Actividades:

Escríbeo (imaxinación)

Discordancias (expresión)

O circo (imaxinación e expresión)

BAILAMOS




UNIDADE 5 3º

AS ARTES ESCÉNICAS


As artes escénicas son un conxunto de disciplinas artísticas que teñen como obxectivo principal a representación en vivo dunha obra fronte ao público nun escenario.

As artes escénicas son a danza, a ópera, o teatro, o musical e o circo.

A combinación de diferentes elementos como a música, o movemento, a interpretación e o deseño escénico crea unha experiencia sensorial única para os espectadores.


Danza

A danza emprega o corpo en movemento en conxugación coa música para expresar emocións e narrar historias.

Existen diferentes tipos de danzas, como a danza clásica ou a danza moderna, cada unha coa súa técnica de movementos.

A danza empregouse ao longo da historia como unha forma de celebración, de expresión cultural e de comunicación non verbal entre as comunidades.


Ópera

A ópera combina a música, a interpretación e a escenografía para contar unha historia. 

Os cantantes empregan as súas voces para dar vida aos personaxes, mentres que a música da orquestra crea o ambiente sonoro axeitado. A ópera é considerada como unha das formas máis complexas de arte escénica, xa que require dun alto nivel de habilidade vocal e interpretativa por parte dos artistas.


Teatro

No teatro, as actrices e actores interpretan personaxes e dialogan entre si para contar unha historia. Empréganse elementos como a escenografía, o vestiario, a iluminación e o son para crear un ambiente que transporte ao público a diferentes lugares e épocas. 


Musical

O musical combina música, canto, danza e interpretación no mesmo espectáculo. 

Os artistas son pois, cantantes, bailaríns e actores.


Circo

O circo combina acrobacias, malabares, equilibrismo, domadores e paiasos para entreter ao público. Os artistas circenses adoitan realizar as actuacións en carpas móbiles, empregando elementos como trapecios, teas acrobáticas e aros. 


 DRAMATIZAMOS


Actividades:

Que dis? (expresión)

Que sona? (percepción e expresión)

O televisor (percepción e acción)

A nosa historia (imaxinación e expresión)


  BAILAMOS




UNIDADE 5 2º

  DRAMATIZAMOS

Actividades:

O paseo (imaxinación)

Os habitantes de Rendille (percepción e acción)


BAILAMOS