Curso 2025-2026

CONSERVATORIO DE DANZA. PROBAS DE ACCESO







O Conservatorio de Danza de A Coruña, anuncia as probas de acceso paro o curso 2023-2024.


Se queres cursar estudos de danza, fai a preinscrición para poder facer unha proba.


Infórmate máis nos seguintes enlaces:


Preinscrición


Proba de acceso ao grao elemental


Programa de estudos





🎶🎶🎶











 



CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

O alumnado, profesorado e familias do CEIP San Francisco Javier,

Conscientes de que habitamos nun mundo con demasiadas experiencias de guerra e de violencia, buscamos a empatía entre todos e o respecto aos demais, independentemente das súas particulariedades e diferenzas.

Sabendo que na actualidade a violencia segue a estar presente día a día, e que se están a vivir guerras que xamais quixéramos que ocorresen;

NO DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA, manifestámonos e pronunciamos:

Somos os nenos e nenas que integramos a sociedade do século XXI e queremos un planeta en harmonía entre as xentes e con paz os pobos.

Queremos que as únicas fronteiras sexan as que marquen os antigos reinos nos que se xestaron as linguas e as culturas.

Queremos que os recursos da terra permitan a cada pobo o seu propio desenvolvemento e que, ese desenvolvemento e as culturas sexan os fundamentos da vida das nacións en paz.

Queremos que todas as persoas, tanto mulleres como homes, maduremos en tolerancia e nos miremos con ollos de respecto total.

Queremos ser valoradas e valorados á marxe do noso sexo ou raza.

Queremos eliminar as envexas e as desconfianzas, e que nos patios das nosas escolas non se coñezan pelexas nin ameazas.

Queremos que todos os fogares acollan a adultos e pequenos con bondade, tenrura e un corazón limpo e forte.

Queremos eliminar, deixar sen significado, aquelas palabras que non queremos usar.

Queremos todo isto, e todo isto faremos. Farémolo porque podemos. Collámonos da man e camiñemos pola paz!.






🎵🎵🎵


XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CONSERVATORIO

Dáseche ben a Música?. Queres aprender máis?. 

Entón debes saber que...

Un Conservatorio é un centro educativo no que se imparten clases relacionadas coas artes.

No Conservatorio Profesional de Música de A Coruña impártense clases de Música tanto instrumentais como vocais; isto é, aprendes a tocar instrumentos e a cantar.

Son moitos e diferentes os instrumentos que ofrece para aprender: moitos instrumentos de corda, de vento e de percusión.

Dentro de pouco van ter lugar unhas xornadas de portas abertas no Conservatorio da nosa cidade. Se te apaixona a Música, queres saber como poder aprender e practicar máis, aquí tes os días nos que o podes visitar. 

Anímaste?.



🎶🎶🎶