A RITMO DE MERENGUE _ 6º

 A RITMO DE MERENGUE!


Hoxe tráiovos un ritmo moi marchoso que de seguro nos vai facer suar cando o practiquemos. Trátase do baile estrela das nosas orquestras das festas do verán: o merengue! (un, dous, un dous ...). 

Os pasos son moi variados, sempre sobre un paso de base que se fai cambiando o peso do corpo dun lado a outro e que fai que a cadeira se mova ao mesmo tempo tamén. Logo, e sen parar de facer este paso básico, podemos ir facendo outros pasos que queiramos, que podemos xa saber ou crear nós mesmos a medida que imos collendo soltura no baile. Comezaremos cuns moi sinxeliños.

Anímovos a ver os seguintes vídeos e escoitar o ritmo con atención para comprobar como, efectivamente, o ritmo é sempre o mesmo e os pés coinciden con el en todo momento.

Explicación:


Exemplo do baile:


Cantando e bailando:


A bailar!