Curso 2025-2026

UNIDADE 1 5º

O SON

O son é a materia prima da música.

O son é a sensación auditiva que percibe o noso oído cando un corpo sonoro en movemento produce unha vibración que se transmite a través do aire ata chegar ao noso oído.

O son pódese propagar por varios medios: o aire, a auga e os medios sólidos.

Nós escoitamos os sons e a música a través do aire. As ondas sonoras van desde o corpo sonoro ata o noso oído. O aire é o medio máis lento polo que se transmite o son. Pola auga e por medios máis sólidos como o aceiro, o son transmítese moito máis axiña.