Practica la LECTURA DE NOTAS

Screenshots

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?

UNIDADE 4 2º

AUDICIÓNS

A DANZA DOS MIRLITÓNS-Tchaikovsky

Que son os mirlitóns?

O mirlitón é un instrumento de membrana resonante ou pitos de chapa. É coñecido tamén como kazoo ou turuta.

Trátase dun chifre (silbato) formado por unha caña oca e pechada por un dos dous extremos cunha membrana de papel fino que ao soplarse por unha abertura que ten no centro, vibra producindo son.





O Danubio azul é un valse (vals), un tipo de baile moi elegante para bailar en festas. 
O Danubio azul é un dos valses máis coñecidos do compositor Johann Strauss. 
Esta peza musical é considerada unha das máis populares da música clásica. O significado que ten para os vieneses e vienesa convertérono no segundo himno nacional de Austria e tamén nunha peza de obrigada interpretación no Concerto de Aninovo de Viena.
Báilase en tres tempos musicais. Escoita: 1, 2, 3; 1, 2, 3...


PRINCIPAIS PROFESIÓNS RELACIONADAS COA DANZA

1. Bailarín e bailarina profesional

As persoas con talento e paixón pola danza poden adicarse a bailar e formar parte de compañías de danza ou espectáculos teatrais con bailaríns.

2. Coreógrafo e coreógrafa

As persoas que teñen habilidades para crear e deseñar coreografías, poden traballar en compañías de danza, teatros, compañías de ópera ou incluso en produccións cinematográficas.

3. Profesor e profesora de danza

As persoas que prefiren ensinar e compartir o que saben sobre danza, poden adicarse a ser profesor ou profesora de danza. Ensinan a nenas e nenos, mozas, mozos ou adultos en escolas de danza, centros culturais ou en academias de música e danza.

4. Director e directora de compañía

As persoas que teñen capacidade para organizar traballo con artistas poden ser directores ou directoras dunha compañía de danza ou de teatro.


5. Deseñador e deseñadora de vestiario

Hai persoas creativas ás que lle gusta o deseño e que teñen habilidades para a confección e a costura. Poden adicarse a crear o vestiario para espectáculos de danza ou obras de teatro.

 

 


COMO FACEMOS PARA DANZAR?

Antes de comezar é necesario planificar a danza que imos traballar. Facemos o seguinte:

Activación: Atendemos para conectar coa música.

Execución: Iniciamos a práctica con relaxación muscular e incluimos a técnica en cada paso.

Expresión: Desenvolvemos a secuencia de pasos, exploramos e improvisamos.

Avaliación: Comentamos o resultado e valoramos o traballo realizado.



 DANZAMOS:

 OBRAS E COMPOSITORES


JAZZ LEGATO - Leroy Anderson

A música jazz é un estilo musical que se orixinou nos Estados Unidos.