Practica la LECTURA DE NOTAS

Screenshots

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?

UNIDADE 4 1º

AUDICIÓNS


Pyotr Ilyich Tchaikovsky é considerado o máis grande compositor de música de ballet do século XIX. 
Unha das súas obras máis coñecidas é o Crebanoces (El Cascanueces), un dos ballets rusos máis famosos.

EL CASCANUECES


O Crebanoces conta a aventura de Clara, unha nena que recibe un crebanoces en forma de soldado como agasallo de Nadal. Esa noite os xoguetes cobran vida e transportan a Clara a un mundo cheo de fantasía onde os soños se volven realidade e a música os transporta a un universo máxico.

Durante a Noiteboa, Clara prepara o Nadal xunto os seus familiares. O padriño de Clara, Drosselmever, agasalla con xoguetes e tres bonecos que bailan un solo cada un. A Clara dálle un soldado crebanoces de madeira que recibe con ilusión.

Celebran unha festa e, cando remata, a familia déitase. 
No medio da noite, Clara esperta e baixa ao salón. Xusto ao chegar a medianoite saen ratos de varias buratos, a árbore de Nadal comeza a medrar e O Crebanoces cobra vida.
Clara atópase nun gran boureo no medio dos ratos e de moitos máis soldados como O Crebanoces. 
O Crebanoces aparece para conducir os soldados, e os ratos marchan ao botalos Clara espetándolles un susto.
Daquela, os ratos desaparecen e O Crebanoces transfórmase en humano, e viaxa con Clara cara unha paisaxe invernal na que as folerpas de neve bailan ao seu arredor.

Voando cara o mundo das fadas, chegan ao reino dos doces onde hai unha festa con danzas tradicionais de distintos países: danza española, danza árabe, danza chinesa, danza rusa, danza dos mirlitóns, danza da nai Xenxibre e os Polichinelas, danza da Fada de azucre e o Valse das flores. A festa remata co Pas de deux e con Gran valse final.

Logo das celebracións e con xesto sorrinte, Clara espértase baixo a árbore de Nadal co seu crebanoces de madeira, conscientes os dous da aventura que soñaron.


LA DANZA DEL HADA DE AZÚCAR

Ás veces a música serve para contar historias.
Na historia de A Danza da fada de azucre, unha fada golosa moi misteriosa entra pola ventá no cuarto duns nenos mentres están durmindo e cun toque da súa variña máxica lévaos ao país dos soños.

Clara e o crebanoces chegan ao reino dos doces onde vive a Fada de azucre.

O instrumento protagonista é a celesta que crea unha atmosfera máxica, e os instrumentos de corda da orquestra tocan unha melodía cautivadora e chea de encanto.

    


DANZA RUSA

A coreografía da Danza rusa está chea de enerxía e movementos con xiros que simbolizan o espírito festivo do Nadal.
É unha celebración da tradición na que tamén destacan os traxes coloridos e a iluminación vibrante creando unha atmosfera de ensoño e de ilusión.


EL VALS DE LAS FLORES

O valse das flores representa o momento de Clara e o neno en que se atopan nun xardín encantado cheo de flores. 

 


Marcha do león (EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES)-

Camille Saint-Säens




O acuario (EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES)-
Camille Saint-Säens

   


SPRINGTIME (DEBUXOS)



VOCABULARIO INICIAL DAS ARTES ESCÉNICAS.


Cales son as artes escénicas? 


 A danza   


A danza é a arte escénica que emprega o corpo en movemento acompasado coa música para expresar ideas, sentimentos ou accións. Hai diferentes tipos de danzas. Un tipo de danza moi importante é o ballet.


   A ópera    

   



A ópera é a arte escénica que emprega a voz de cantantes e a música de orquestra para contar unha historia. Os cantantes interpretan a través de melodías o papel dos personaxes da historia.

  

O teatro  


O teatro é a arte escénica na que se representa unha situación real ou ficticia a través da actuación. Os personaxes son interpretados por actrices e actores que empregan a voz falada, con palabras e expresividade acompañada con xestos.


O circo 

 


O circo é a arte escénica que se basea na exhibición de habilidades nun escenario que pode ser móbil. Os artistas dun circo son malabaristas se fan malabares, acróbatas se fan acrobacias, domadores se doman animais salvaxes ou magos se fan xogos de maxia.



VOCABULARIO INICIAL DE DANZA


Que elementos precisamos para danzar?


Ritmo. Hai que identificalo internamente para poder danzar externamente.

Coordinación. Hai que controlar as diferentes partes do corpo para poder mover varias ao mesmo tempo.

Equilibrio. Hai que controlar o peso do corpo en movemento.


Creatividade. Hai que ter asimilados o ritmo, a coordinación e o equilibrio para xerar novas ideas a partir da imaxinación.


Danzamos:


É unha danza tradicional de Rumanía, alegre e divertida, que ten significado de unión e colaboración entre as persoas.



A Danza rusa do ballet O crebanoces de Tchaikovsky caracterízase pola súa enerxía, con movementos áxiles e saltos acrobáticos que reflexan o espírito do pobo ruso.

A danza rusa do ballet O Crebanoces é bailada por compañías de danza de todo e o mundo.


  


El vals de las flores - EL CASCANUECES - Tchaikovsky
 

O Valse das flores do ballet O crebanoces de Tchaikovsky representa a chegada da primavera e a celebración do renacemento da natureza tras o inverno. Crea unha atmosfera suave, doce e delicada cunha danza lixeira e elegante que evoca a beleza das flores nun xardín encantado chamado o Reino das flores.

A súa melodía transmite sensacións de encanto e plenitude, asociadas con emocións positivas e momentos de gozo. Por iso, ás veces emprégase para expresar sentimentos románticos e amorosos.