Practica la LECTURA DE NOTAS

Screenshots

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?

UNIDADE 1 2º

AS CALIDADES DO SON


duración indica se os sons son longos ou curtos.

         
                                   Son longo                             Son curto


altura indica se os sons son agudos ou graves.


⬆                            ⬇

 
                                      Son agudo                               Son grave


intensidade indica se os sons son fortes ou suaves.


                                      


  Son forte                           Son suave



timbre indica que persoa, animal ou cousa sona.

O son de cada persoa é único e diferente ao das demais persoas.

Tamén cada animal ten un son propio. O son dunha vaca é diferente ao son dun cabalo e diferente ao son dunha galiña.

Algúns obxectos tamén fan son, como unha campá, as agullas dun reloxo, un timbre, unha serea...



ACTIVIDADE ALTURA 1 (sons agudos e graves a partir de imaxes).

ACTIVIDADE ALTURA 2 (clasificación de sons agudos e graves a partir de imaxes).

ACTIVIDADE INTENSIDADE 1 (clasificación de sons fortes e suaves a partir de imaxes).

ACTIVIDADE INTENSIDADE 2 (sons fortes e suaves a partir de imaxes).

ACTIVIDADE CALIDADES DO SON 1 (unir e clasificar sons a partir de audio).

ACTIVIDADE CALIDADES DO SON 2 (producir sons vocais a partir de indicacións aleatorias).


OS INSTRUMENTOS DE LÁMINAS

Os instrumentos musicais de láminas son instrumentos da familia da percusión cos que podemos tocar as melodías das cancións que máis nos gustan.

O metalófono é grande e ten as láminas grosas e de metal. O seu son resona como o eco.

O xilófono é mediano ou grande e ten as láminas de madeira. O seu son é oco, non resona.

O carillón é pequeno e ten as láminas de metal. O seu son é brillante, fino e cristalino.

Todos, o metalófono, o xilófono e o carillón tócanse con baquetas.



Escoita como sonan: 

                              CARILLÓN                                      XILÓFONO
 
                             METALÓFONO                              CONXUNTO
 


PROFESIÓNS RELACIONADAS COA MÚSICA

A persoa que toca instrumentos de percusión; por exemplo, o metalófono, o xilófono ou o carillón chámase percusionista.

A persoa que toca o fagot chámase fagotista.


A persoa que toca o clarinete chámase clarinetista.


Compositor ou compositora: profesional que crea obras obras musicais. Pode compoñer a música, ou a música e a letra se se trata dunha canción.


Director ou directora de orquestra: é a figura de referencia para os intérpretes. Coordina todas as familias de instrumentos da orquestra e dirixe a súa interpretación cunha batuta dándolles as indicacións para a correcta interpretación da obra.

Un director ou directora de orquestra estuda durante moito tempo as partituras. Ten que entendelas para despois traballalas con precisión nos ensaios cos instrumentistas e que finalmente saian o mellor posible nos concertos, transmitindo a súa visión artística primeiro aos intrumentistas para que dean vida á música, e despois ao público. Cando isto se produce, a interpretación é unha experiencia impactante e emocionante.



Instrumentista: profesional que interpreta música cun instrumento que domina.



Público: conxunto de espectadores que asisten a un mesmo espectáculo.




OBRAS E COMPOSITORES



Antonio Vivaldi naceu na cidade de Venecia, en Italia. Foi violinista profesional e tamén director musical. Escribiu máis de 800 obras, entre elas "Las cuatro estaciones" cunha música adicada á primavera, outra ao verán, outra ao outono e outra ao inverno. 

 
  


Amadeus Mozart pasaba moitas tardes escoitando como a súa irmá Nannerl tocaba o piano e quixo aprender a tocalo el tamén. 
Amadeus aprendeu a tocar o piano aos tres anos, e aos cinco anos xa ofrecía concertos. Amadeus non foi á escola. O seu pai Leopold era músico e profesor e ensináballe Música, Matemáticas e idiomas. Leopold decidiu que os seus fillos Nannerl e Amadeus debían tocar en concertos polo mundo. 
Amadeus compuxo música para tocar e tamén música para cantar. Unha obra de Mozart moi coñecida para cantar é "La flauta mágica", e unha obra súa moi coñecida para tocar é "Alla turca" ou Marcha turca.



Ludwig Van Beethoven tamén aprendeu piano co seu pai, que era músico, e máis tarde con outros mestres de Música. Traballou como pianista. Aos 26 anos comezou a quedarse bastante xordo e pouco a pouco quedou sen poder oír nada. Aínda así seguía facendo música. Como a facía sen oír?. Pois a partir das vibracións do son, ese tipo de temblores que podemos notar a través do tacto cando a música está sonando. Unha das obras máis coñecidas de Beethoven é "Para Elisa", adicada a unha muller que se chamaba así.


Camille Saent-Saëns aprendeu música coa súa nai e coa súa tía, e tamén aprendeu a tocar moi cedo o piano. Compuxo moitas obras, unha delas é "El carnaval de los animales", con varias pezas musicais que representan os movementos e os sons de varios animais como por exemplo,  "La marcha del león".



FAMILIAS DE INSTRUMENTOS



COLOCACIÓN DOS INSTRUMENTOS NA ORQUESTRA





ACTIVIDADES DIXITAIS