PROFESIÓNS RELACIONADAS COA MÚSICA
É esencial ter habilidades musicais para traballar como profesional da música.
Algunhas das profesións relacionadas co mundo da música son:
Compositor ou compositora
O compositor ou compositora crea música orixinal, xa sexa para cancións, películas, anuncios ou videoxogos. Pode compoñer a música ou a música e a letra se se trata dunha canción.
Moitos compositores e compositoras traballan en colaboración con outros artistas, o que lles permite expandir as súas oportunidades laborais.
Produtor ou produtora musical
Os productores musicais supervisan a gravación e producción de música. O seu traballo inclúe seleccionar cancións, traballar con artistas no estudo e mesturar sons. Co aumento da produción musical independente, a demanda de produtores e produtoras medrou.
Intérprete
O músico intérprete pode ser cantante, instrumentista e interpretar só ou en agrupacións. Pode facelo en vivo, gravar nun estudo, e ata participar en bandas sonoras de películas. Moitos músicos intérpretes traballan de maneira independente.
Docente de Música
Os docentes de Música son esenciais para a formación das novas xeracións de músicos. Son profesionais que forman a alumnas e alumnos na teoría e na práctica musical.
Os docentes de Música poden traballar en escolas, academias de Música ou conservatorios. A educación musical é cada vez máis importante, polo que moitos músicos se adican tamén ao ensino. Os docentes de música transmiten coñecementos musicais e educan para o desenvolvemento da musicalidade nas persoas.
Musicoterapeuta
Profesional que traballa con música para mellorar o benestar emocional, físico, cognitivo ou social en pacientes de todas as idades con problemas variados como lesións cerebrais, saúde mental ou discapacidades físicas.


.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
