UNIDADE 9 4º


 VOCABULARIO

ELEMENTOS DE REPRESENTACIÓN ESCÉNICA

Escenario – Plataforma na que os actores representan a obra.

Escena – Parte da división dunha obra de teatro, na que ocorre una acción concreta.

Guión –  Texto que contén os diálogos e as instrucións para a da obra.

Ensaio – Práctica que levan a cabo os actores antes da representación final.

ROLES E PROFESIÓNS ESCÉNICAS

Actor, actriz – Profesional que interpreta un papel nunha obra de teatro, película ou outra produción escénica.

Director, directora – Profesional que dirixe a obra de teatro, guiando aos actores e supervisando todos os aspectos dela.

Escenógrafa, escenógrafo – Profesional responsable do deseño e a creación do escenario.

Iluminador, iluminadora – Profesional que se encarga da iluminación do escenario.

Sonidista –  Profesional técnico que manexa o son nunha obra teatral.

Maquillador, maquilladora – Profesional que caracteriza os actores con maquillaxe no rostro como os personaxes que interpretan.

Vestuarista – Profesional que  deseña e prepara os traxes que empregan os actores.

TÉCNICAS NA ARTE DRAMÁTICA

Monólogo – Discurso extendido dun so personaxe nunha obra de teatro.

Diálogo – Conversa  entre dous ou máis personaxes nunha obra de teatro.

Coreografía – Deseño de secuencias de movementos para integralas en danzas.

Improvisación – Creación espontánea dun diálogo ou dunha acción sen seguir un guión preestablecido.

EQUIPAMENTO NA ARTE DRAMÁTICA

Telón – Cortina que se levanta ao comienzo e se baixa ao final dunha obra de teatro.

Micrófono –  Dispositivo de son que se emprega para amplificar a voz dos actores.

Altofalante –  Dispositivo que emite son para que poda ser escoitado polo público.

Proxector – Dispositivo que se empregapara amosar imaxes ou vídeos nunha pantalla grande.

Atrezzo – Conxunto de obxectos empregados nas escenas para apoiar a acción dos actores.

   DRAMATIZAMOS

Actividades:

Escríbeo (imaxinación)

Discordancias (expresión)

Convírtome en ... (expresión e creatividade)

O circo (imaxinación e expresión)




UNIDADE 4 6º

VOCES E AGRUPACIÓNS VOCAIS


 O SANCRISTÁN DE COÍMBRA-canción popular galega


O Sancristán de Coímbra
facía de mil diabluras (bis)
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras (bis)

E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén (bis) 

O mar tamén ten amores,
o mar tamén ten mulleres (bis)
Está casado coa area,
dálle bicos cantos quere (bis)

-Retrouso-

Eu quixera ser merliño
e te-lo bico encarnado (bis)
para face-lo meu niño
no teu cabelo dourado (bis)

-Retrouso-

A miña nai xa non me deixa
levar o leite a Coímbra (bis)
porque dicen os rapaces:
que leiteiriña máis linda! (bis)

-Retrouso-

UNIDADE 4 5º

 A PRODUCIÓN DA VOZ

  

Como se produce a voz?. 

O aire, ao expirar, sae pola boca desde os pulmóns pasando pola larinxeAlí fai vibrar as cordas vocais producindo son.
O son da voz amplifícase (amplíase, agrándase) na boca, nas fosas nasais, na cabeza e na cavidade torácica, que fan unha función similar á da caixa de resonancia dos instrumentos.

UNIDADE 4 4º