Curso 2025-2026

UNIDADE 2 4º

OS INSTRUMENTOS DE VENTO. CLASIFICACIÓN

Os instrumentos de vento poden ser de vento-madeira (normalmente están feitos de madeira; o son prodúcese pola vibración do aire no propio instrumento soprando nun bisel ou a través dunha cana) ou de vento-metal (están fabricados con metal; o son prodúcese pola vibración dos beizos na boquilla da embocadura).


    


ACTIVIDADE:  Memoriza viento (marca nombre e instrumento o instrumento y nombre).
ACTIVIDADERelaciona los instrumentos (escucha primero el sonido, haz clic en la casilla fuera del sonido y en la casilla del nombre del instrumento).
ACTIVIDADEInstrumentos de viento (marca nombre e instrumento o instrumento y nombre).
ACTIVIDADEDe uno en uno (Escribe el instrumento que suena. Coloca el acento en las palabras que lo lleven).
ACTIVIDADEEscribe su nombre (marca la casilla del número y escribe el nombre del instrumento).
ACTIVIDADE: Une vento
ACTIVIDADE: Partes do saxofón
ACTIVIDADE: Tipos de flautas




Os instrumentos de percusión soan ao golpear, axitar ou raspar o corpo do instrumento ou o seu parche. Ademais, poden ser: de altura determinada (permítennos interpretar melodías) ou de altura indeterminada (só permiten interpretar ritmos).

          

Instrumentos de percusión escolares





ACTIVIDADEMemoriza percusión (marca de dos en dos casillas hasta dar con dos instrumentos iguales).


OS INSTRUMENTOS DE CORDA. CLASIFICACIÓN.

Os instrumentos musicais clasifícanse tradicionalmente segundo a maneira de producir o son. 
Os instrumentos de corda poden ser de corda fretada (frétanse as cordas cun arco), de corda pulsada (púlsanse as cordas cun dedo ou cunha púa), ou de corda percutida (percútense as cordas golpeando cos dedos).


Escóitaos e obsérvaos:

Corda fretada

  

Corda pulsada


Corda percutida


Recoñeces o instrumento polo seu son? Inténtao.


Zanfona

  



Lembra:








ELEMENTOS DA PARTITURA

  


A SEMICORCHEA

semicorchea dura a cuarta parte dun tempo. Ten cabeza, plica e dous corchetes

Por iso, catro semicorcheas xuntas suman un tempo.

silencio de semicorchea tamén dura a cuarta parte dun tempo.

Entón: 

  • Redonda = 4 tempos
  • Branca = 2 tempos
  • Negra = 1 tempo
  • Corchea = 1/2 tempo
  • Semicorchea = 1/4 de tempo
EQUIVALENCIAS DAS FIGURAS MUSICAIS
 SOLTAS


EN PARELLA OU EN GRUPO



LECTURA RÍTMICA


Practica con técnica de baquetas: 

ALLA TURCA-Mozart



RE AGUDO

nota re aguda (re´) escríbese na cuarta liña do pentagrama coa plica cara abaixo. Lembra que a plica vai cara abaixo e á esquerda en notas máis agudas ca o si e cara arriba e á dereita en notas máis graves. Na nota si pódese escribir cra arriba ou cara abaixo.




COMPÁS 4/4



A FORMA MUSICAL

forma musical é a organización das diferentes partes dunha obra musical. Esta organización represéntase cunha estrutura baseada en letras que identifican cada parte. 
     Forma binaria: consta de dúas partes. Unha idea principal e outra diferente que contrasta coa anterior. Estrutura:
   
    Forma ternaria: consta de tres partes. Unha idea principal seguida de outra constrastante e repetindo a idea principal, ou unha idea principal seguida de unha constrastante e rematando con outra diferenteEstrutura:


    Forma rondó: Consta dunha idea principal que se repite  e que se intercala con outras partes contrastantes e que remata coa idea principal. Estrutura: 


BACH








UNIDADE 2 3º

FIGURAS E SILENCIOS. EQUIVALENCIAS.



CORCHEA E O SEU SILENCIO

A figura de corchea dura medio tempo e indicámolo así: 1/2. Para conseguir formar un tempo precisamos de dúas corcheas (1/2+1/2=1).


Este é o silencio de corchea. Como os silencios duran o mesmo que a súa figura e a corchea dura medio tempo, o silencio de corchea dura tamén medio tempo. Para formar un tempo precisamos de dous silencios de corchea. Pero tamén podemos combinar medio tempo dunha corchea e medio tempo dun silencio de corchea para formar a duración dun tempo.



COMPASES DE 2, 3 E 4 TEMPOS

(dous por catrotres por catro e catro por catro).

 



OS INSTRUMENTOS ELECTRÓFONOS

Os instrumentos electrófonos son aqueles que empregan enerxía eléctrica para producir os son como, por exemplo, a guitarra eléctrica.





OS SIGNOS DE REPETICIÓN

Empregamos signos de repetición para simplificar a escrita musical e non ter que escribir dúas veces os mesmos compases. O seguinte signo de repetición chámase dobre barra con dous puntos. Pode aparecer dúas veces ou só unha vez. Cando aparece dúas veces indica que os compases que están dentro das dobres barras con dous puntos se repiten. Cando aparece unha soa vez debemos cantar ou tocar toda a música de novo.




OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN. CLASIFICACIÓN.



OS INSTRUMENTOS DE VENTO-MADEIRA E DE VENTO-METAL. CLASIFICACIÓN.

A frauta travesa, o clarinete, o óboe, o fagot e o saxofón son instrumentos de vento-madeira.

Antigamente estaban feitos de madeira e o seu son é máis doce que o dos intrumentos de vento-metal. 

Nos instrumentos de vento-madeira o son prodúcese ao soprar por unha boquilla ou ao vibrar o aire nunha cana de madeira.



A trompeta, a trompa o trombón e a tuba son instrumentos de vento-metalEstán feitos de metal e o seu son prodúcese ao vibrar os beizos na embocadura.


                                                                                

ActividadeInstrumentos de vento-metal (escribe a primeira letra con maiúscula).

Actividade: Le con atención sobre a clasificación tradicional dos instrumentos musicais:
Actividade: Escoita como sonan e observa a maneira de tocalos no seguinte vídeo (o que aparece como "corno", nós chamámoslle "trompa"). 


Actividade: Agudiza o teu oído e intenta acertar o son de cada instrumento so seguinte vídeo:


ActividadeInstrumentos da orquestra (dálle a "click to download" e a "permitir". "Play" para esocitar as familias de instrumentos).
ActividadeInstrumentos de vento (escribe a primeira letra con maiúscula).
ActividadeInstrumentos de percusión (escoita o son e logo preme na casilla fóra do son e na casilla do instrumento).
ActividadeSopa de letras (preme nunha letra e arrastra ata a última letra da palabra. Se non atopas algunha dálle a "mostrar palabra" para ver onde estaba).
Actividade: Instrumentos de vento-metal. Escribe o nome de cada instrumento e dálle a "Finalizar".
Actividade: Partes do piano.
Actividade: Crucigrama.


A ORQUESTRA. COLOCACIÓN.







AGRUPACIÓNS INSTRUMENTAIS