Practica a LECTURA DE NOTAS

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?

INSTRUMENTOS 4º

OS INSTRUMENTOS DE VENTO. CLASIFICACIÓN


Os instrumentos de vento poden ser de vento-madeira (normalmente están feitos de madeira; o son prodúcese pola vibración do aire no propio instrumento soprando nun bisel ou a través dunha cana) ou de vento-metal (están fabricados con metal; o son prodúcese pola vibración dos beizos na boquilla da embocadura).


    


ACTIVIDADE:  Memoriza viento (marca nombre e instrumento o instrumento y nombre).
ACTIVIDADE: Relaciona los instrumentos (escucha primero el sonido, haz clic en la casilla fuera del sonido y en la casilla del nombre del instrumento).
ACTIVIDADE: Memoriza viento (marca nombre e instrumento o instrumento y nombre).
ACTIVIDADE: De uno en uno (Escribe el instrumento que suena. Coloca el acento en las palabras que lo lleven).
ACTIVIDADE: Escribe su nombre (marca la casilla del número y escribe el nombre del instrumento).
ACTIVIDADE: Memoriza percusión (marca de dos en dos casillas hasta dar con dos instrumentos iguales).



OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN. CLASIFICACIÓN

Os instrumentos de percusión soan ao golpear, axitar ou raspar o corpo do instrumento ou o seu parche. Ademais, poden ser: de altura determinada (permítennos interpretar melodías) ou de altura indeterminada (só permiten interpretar ritmos).

          

Instrumentos de percusión escolares



Actividad: 
ACTIVIDADE: Memoriza percusión (marca de dos en dos casillas hasta dar con dos instrumentos iguales).


O ROCK AND ROLL _ 5º

 O ROCK & ROLL



O rock&roll é un estilo musical que xurdiu nos Estados Unidos de América na década de 1950. Trátase de ritmos marcados e derivados da música folclórica estadounidense. Rapidamente difundiuse por todo o mundo e evolucionou cara unha gran variedade de estilos.

O rock&roll caracterízase polo uso de instrumentos electrófonos, como a guitarra eléctrica e o baixo eléctrico, e polo marcado carácter rítmico que achega a batería.
                             

A BATERÍA

A batería é un conxunto de instrumentos de percusión de altura indeterminada tocados por un só músico: o ou a baterista. 

É un instrumento indispensable para varias agrupacións, especialmente para a música pop, o blues, o jazz, o rock ou o heavy metal.


A súa función é marcar o ritmo e os tempos da melodía, aínda que co tempo foi evolucionando cobrando o seu propio protagonismo dentro de moitas bandas de rock, chegando a ser instrumento solista.


A batería está composta por distintos elementos que se tocan con baquetas e pedais. Estes elementos son: 

. Bombo: gran tambor de son grave que se golpea cun mazo accionado por un pedal (imaxe).


. Toms: dous ou tres tambores de diferentes tamaños situados aos lados do intérprete.

. Caixa ou redobrante: pequeno tambor cunha tira metálica na parte inferior que lle dá un son característico.

. Pratos: dous discos metálicos que se golpean con baquetas e vasoiriñas (imaxe)

. Charles/ hit-hat: dous pratos que se chocan entre si accionados por un pedal.


Batería acústica



Escoita como sona cada un dos elementos: 


Baterista solista



Batería electrónica


ACTIVIDADE: Practica completando os elementos da batería.




Elvis Presley foi un cantante moi destacado e os grupos máis influíntes foron The Beatles, Queen, Led Zeppelin e The Rolling Stones.
Preme na imaxe para coñecer aspectos da biografía de Elvis Presley e escoitar a súa música.



As orixes musicais do rock and roll son a música blues, country, hillbilly, R&B, jazz e gospel. O rock&roll ten moitos subxéneros musicais.