Curso 2025-2026

O ROCK AND ROLL _ 5º

 O ROCK & ROLL



rock&roll é un estilo musical que xurdiu nos Estados Unidos de América na década de 1950. Trátase de ritmos marcados e derivados da música folclórica estadounidense. Rapidamente difundiuse por todo o mundo e evolucionou cara unha gran variedade de estilos.

O rock&roll caracterízase polo uso de instrumentos electrófonos, como a guitarra eléctrica e o baixo eléctrico, e polo marcado carácter rítmico que achega a batería.
                             

A BATERÍA

batería é un conxunto de instrumentos de percusión de altura indeterminada tocados por un só músico: o ou a baterista. 

É un instrumento indispensable para varias agrupacións, especialmente para a música pop, o blues, o jazz, o rock ou o heavy metal.


A súa función é marcar o ritmo e os tempos da melodía, aínda que co tempo foi evolucionando cobrando o seu propio protagonismo dentro de moitas bandas de rock, chegando a ser instrumento solista.


A batería está composta por distintos elementos que se tocan con baquetas e pedais. Estes elementos son: 

Bombo: gran tambor de son grave que se golpea cun mazo accionado por un pedal (imaxe).


Toms: dous ou tres tambores de diferentes tamaños situados aos lados do intérprete.

Caixa ou redobrante: pequeno tambor cunha tira metálica na parte inferior que lle dá un son característico.

Pratos: dous discos metálicos que se golpean con baquetas e vasoiriñas (imaxe)

Charles/ hit-hat: dous pratos que se chocan entre si accionados por un pedal.


Batería acústica



Escoita como sona cada un dos elementos: 


Baterista solista



Batería electrónica


ACTIVIDADEPractica completando os elementos da batería.




Elvis Presley foi un cantante moi destacado e os grupos máis influíntes foron The BeatlesQueenLed Zeppelin e The Rolling Stones.
Preme na imaxe para coñecer aspectos da biografía de Elvis Presley e escoitar a súa música.



As orixes musicais do rock and roll son a música bluescountryhillbilly, R&B, jazz e gospel. O rock&roll ten moitos subxéneros musicais. 


PRÁCTICA DA BATERÍA _ 5º


Como comezar a tocar a batería?. 
Debemos ter en conta os seguintes consellos útiles para comezar coa práctica da batería como baterista principiante:

1. Ter paciencia. Para acadar unha aprendizaxe de batería é importante coñecer algúns conceptos como a posición da batería, a preparación do corpo antes de tocar, o agarre das baquetas ou a técnica de golpeo. Concienciarémonos ben e sen presa para facilitar unha evolución efectiva.


2. Entendemos a baqueta como unha extensión da man da ou do baterista porque é a man a que dirixe o movemento da baqueta ao tocar.



3. O punto de agarre das baquetas permitiranos executar un correcto rebote.


4. O agarre das baquetas é con presión de dous dedos en pinza e os restantes cerran a man.



5. O polgar debe estar na mesma dirección ca baqueta.



Exercicios básicos

HIT-HAT= man dereita

REDROBRANTE= man esquerda


Exercicio 1


      

Exercicio 2



Exercicio 3



Exercicio 4



Exercicio 5



Exercicio 6



Exercicio 7



Exercicio 8



Exercicio 9



Exercicio 10




Acompañamento

A



B

Principio frase

Final frase

Seguinte nivel