Curso 2025-2026

A CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO_5º

A CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO

As voces no canto clasifícanse polo seu timbre e a súa tesitura.

A clasificación que vas aprender serve para clasificar as voces en todos os tipos de canto, xa canten música pop, rock, tradicional, lírica...

As voces máis agudas son as de muller e as voces máis graves as de home. 

As voces de nena e de neno chámanse voces brancas e son agudas.

As voces de muller son:
Soprano: se é moi aguda.
. Mezzosoprano: se é medio aguda.
. Contralto: se é moi grave.
As voces de home son:
. Tenor: se é moi aguda.
. Barítono: se é medio aguda.
. Baixo: se é moi grave.

A TESITURA DAS VOCES

No seguinte cadro está representada a tesitura de cada tipo de voz:
  • As voces de soprano cantan todas as notas do pentagrama e, ademais, tres notas sobreagudas e dúas notas máis graves.
  • As voces mezzosoprano cantan comodamente case todas as notas do pentagrama e poden cantar tres notas máis agudas e dúas notas máis graves.
  • As voces contralto están máis cómodas cantando notas medias e graves, aínda que son quen de executar as notas máis agudas do pentagrama e notas súper graves.
  • As voces de tenor cantan todas as notas do pentagrama e dúas notas máis agudas e tres notas máis graves.
  • As voces de barítono e as voces de baixo son as máis graves e precisan doutra clave para representar a súa tesitura; a clave de fa, que representa sons moito máis graves que non se poden representar coa clave de sol.
  • Os barítonos cantan comodamente as notas medias e dúas máis agudas e tres máis graves fora do pentagrama.
  • Os baixos son executan notas moi graves.


Mira o seguinte vídeo:



Ponte a proba sobre a clasificación das voces en: 



















CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO II

CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO II

Agora que xa sabemos un pouco máis sobre a clasificación das voces no canto, do seu timbre e da súa tesitura, imos coñecer a voz das seguintes cantantes femininas e dos seguintes cantantes masculinos. Atención porque... lembras que a voz de home máis aguda que o tenor é o contratenor? No seguinte vídeo aparece este tipo de voz e de seguro que a vas recoñecer facilmente. Adiante!.


                                      Escoita máis voces femininas:                                       

Algunha che gusta máis que as outras?


Agora escoita máis voces masculinas:


Cal te chama máis a atención?.

🎵

CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO III

                            CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO III


Hoxe escoitamos unha selección de estupendas voces de cantantes femininas. 


SOPRANOS ESPAÑOLAS


Ángeles Chamorro

Victoria de los Ángeles 

Ana María Sánchez

Pilar Lorengar

María Bayo

Monstserrat Caballé 

Montse Martí 

Cristina Ramos


MEZZOSOPRANOS ESPAÑOLAS

Conchita Supervía

Teresa Berganza

María José Montiel

Andrea Trueba

Carmen Ariza

Coñece máis mezzosopranos internacionais aquí.


CONTRALTOS ESPAÑOLAS

Mar Campo

✌🎵








CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO IV

CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO IV

Imos hoxe coas voces masculinas. Coñecemos algúns cantantes líricos e as súas xeniais voces. 

Escoita con atención!.


TENORES ESPAÑOIS

Jorge de León

Sergio Escobar


BARÍTONOS ESPAÑOIS

José Antonio López

Carlos Marín



BAIXOS ESPAÑOIS

Carlos Chausson


O tenor José Manuel Zapata explícanos brevemente a importancia da música.



🎶