AUDIOS PARA ENSAIOS CONCERTOS 4º
Por: Música Vitamínica o 26.2.25 / comentarios: 0 4º, concerto, repaso
AUDIOS PARA ENSAIOS CONCERTOS 5º
Por: Música Vitamínica o 26.2.25 / comentarios: 0 5º, concerto, repaso
Aquí tedes os audios instrumentais das actuacións para os que cantades ou tocades.
Se vos sabedes a letra, practicade con algo que faga de micrófono e centrádevos en afinar e en interpretar o significado da letra.
GRADUACIÓN EN 6º
Por: Música Vitamínica o 30.5.24 / comentarios: 14 6º, arte, concerto, expresión, interpretación
Os grupos de sexto están a traballar un dos temas máis exitosos do alcumado "rei do pop".
Tras a aprendizaxe da técnica de cada un dos pasos e das diferentes secuencias destes, agrúpanse segundo a súa función no baile para executalo o máis correcta e coordinadamente posible.
A coreografía será o resultado deste traballo de unión colectiva, sentimento de pertenza a un grupo e desfrute e logro da consecución dun obxectivo común. Ademais, son conscientes do significado e motivo deste tema, poñendo de relevancia a formación en valores que continuamente tratamos nesta área.
Ademais da actuación de baile en gran grupo, haberá unha actuación dunha pequena agrupación.
Velaquí un dos ensaios do dúo de piano e violín cuxas intérpretes son dúas alumnas ao piano e un alumno ao violín dos grupos A e B respectivamente, que nos deleitarán cun dos célebres temas de Ludwig van Beethoven.
Seguimos, que case o temos!.
CONCERTO EN 5ºA
Por: Música Vitamínica o 6.3.24 / comentarios: 0 5º, arte, concerto, interpretación
O alumnado de 5ºA preparou para hoxe un pequeno concerto para os seus propios compañeiros e compañeiras.
De maneira voluntaria houbo participantes que escolleron tocar instrumentos de aula, houbo quen trouxo os seus propios instrumentos, e outros que preferiron bailar.
Con moi boa intención xuntáronse para ensaiar e facelo o mellor posible, tendo en conta que a maioría non están afeitos a actuar fronte ao público.
O primeiro paso foi saír ao escenario e o segundo desenvolverse nunha actuación, ben individual ou ben en pequeno grupo, pero sen axuda.
Pouco a pouco van superándose e demostrándose que son quen de mellorar.
Agradecemos que a súa titora Marta se interesara por esta faceta do seu alumnado ao querer asistir a velos neste pequeno concerto que ofreceron.
A continuación, as imaxes do momento.
CONCERTO EN 5ºB
Por: Música Vitamínica o 6.3.24 / comentarios: 6 5º, arte, concerto, interpretación
No día de hoxe tivo lugar o concerto do alumnado do grupo 5ºB.
Estes últimos días estiveron agardando por el e a verdade é que saíu xenial, a pesares das pequenas lesións dalgunhas instrumentistas e dalgún pequeno cambio de última hora.
Todas e todos estiveron fantásticos, sobre todo pola xenerosidade de querer compartir cos compañeiros e compañeiras estes momentos de desfrute que implican esforzo na súa preparación.
Hai que agradecerlles o interese e as ganas que puxeron desde o primeiro momento e o respecto e cumprimento das normas nas audicións musicais.
Proba superada!.
Ademais, gustounos contar coa asistencia da súa titora Patricia, que se interesou por escoitar cada unha das actuacións do seu alumnado.
Gracias a todos pola participación e pola colaboración!.
Velaquí os momentos máis relevantes.
Presentadora