ACCESO AO CONSERVATORIO
Por: Música Vitamínica o 7.5.24 / comentarios: 0 2º, 3º, 4º, 5º, 6º, arte, cantar, cerebro musical, conservatorio, cultura musical, ESTUDAR MÚSICA, instrumentos, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, interpretación, tocar
CONSERVATORIO DE MÚSICA A CORUÑA. XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Por: Música Vitamínica o 10.4.24 / comentarios: 0 arte, cerebro musical, conservatorio, cultura musical, expresión, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES
Un curso máis o Conservatorio Profesional de Música de A Coruña realizará unhas xornadas de portas abertas para que todos aqueles nenos e nenas que queirades, podades asistir aos ensaios das agrupacións do centro e, despois, solicitar asistir a unha clase individual de dous instrumentos que elixades.
Animádevos con esta oportunidade musical!.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CONSERVATORIO
Por: Música Vitamínica o 20.1.23 / comentarios: 7 aprender, beneficios da música, cantar, cerebro musical, clases, conservatorio, instrumentos, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL, música, MUSICALIDADE, tocar
Dáseche ben a Música?. Queres aprender máis?.
Entón debes saber que...
Un Conservatorio é un centro educativo no que se imparten clases relacionadas coas artes.
No Conservatorio Profesional de Música de A Coruña impártense clases de Música tanto instrumentais como vocais; isto é, aprendes a tocar instrumentos e a cantar.
Son moitos e diferentes os instrumentos que ofrece para aprender: moitos instrumentos de corda, de vento e de percusión.
Dentro de pouco van ter lugar unhas xornadas de portas abertas no Conservatorio da nosa cidade. Se te apaixona a Música, queres saber como poder aprender e practicar máis, aquí tes os días nos que o podes visitar.
Anímaste?.
🎶🎶🎶