Curso 2025-2026

ACCESO AO CONSERVATORIO




 

LECTURA RÍTMICA EN 2º


O alumnado de 2º curso executando con instrumentos de aula o ritmo das figuras musicais aprendidas. Hoxe coas claves.

Ao mesmo tempo, comezan a ler a grafía musical convencional.









 

COMEZANDO A TOCAR EN 1º


Comezamos a experimentar co manexo básico dos instrumentos de pequena percusión de altura indeterminada axeitados a esta idade.

Xa saben os nomes e están identificando o son de cada un, ademais de seguir o pulso de músicas de compositores importantes.




O ROCK AND ROLL _ 5º

 O ROCK & ROLL



rock&roll é un estilo musical que xurdiu nos Estados Unidos de América na década de 1950. Trátase de ritmos marcados e derivados da música folclórica estadounidense. Rapidamente difundiuse por todo o mundo e evolucionou cara unha gran variedade de estilos.

O rock&roll caracterízase polo uso de instrumentos electrófonos, como a guitarra eléctrica e o baixo eléctrico, e polo marcado carácter rítmico que achega a batería.
                             

A BATERÍA

batería é un conxunto de instrumentos de percusión de altura indeterminada tocados por un só músico: o ou a baterista. 

É un instrumento indispensable para varias agrupacións, especialmente para a música pop, o blues, o jazz, o rock ou o heavy metal.


A súa función é marcar o ritmo e os tempos da melodía, aínda que co tempo foi evolucionando cobrando o seu propio protagonismo dentro de moitas bandas de rock, chegando a ser instrumento solista.


A batería está composta por distintos elementos que se tocan con baquetas e pedais. Estes elementos son: 

Bombo: gran tambor de son grave que se golpea cun mazo accionado por un pedal (imaxe).


Toms: dous ou tres tambores de diferentes tamaños situados aos lados do intérprete.

Caixa ou redobrante: pequeno tambor cunha tira metálica na parte inferior que lle dá un son característico.

Pratos: dous discos metálicos que se golpean con baquetas e vasoiriñas (imaxe)

Charles/ hit-hat: dous pratos que se chocan entre si accionados por un pedal.


Batería acústica



Escoita como sona cada un dos elementos: 


Baterista solista



Batería electrónica


ACTIVIDADEPractica completando os elementos da batería.




Elvis Presley foi un cantante moi destacado e os grupos máis influíntes foron The BeatlesQueenLed Zeppelin e The Rolling Stones.
Preme na imaxe para coñecer aspectos da biografía de Elvis Presley e escoitar a súa música.



As orixes musicais do rock and roll son a música bluescountryhillbilly, R&B, jazz e gospel. O rock&roll ten moitos subxéneros musicais. 


XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CONSERVATORIO

Dáseche ben a Música?. Queres aprender máis?. 

Entón debes saber que...

Un Conservatorio é un centro educativo no que se imparten clases relacionadas coas artes.

No Conservatorio Profesional de Música de A Coruña impártense clases de Música tanto instrumentais como vocais; isto é, aprendes a tocar instrumentos e a cantar.

Son moitos e diferentes os instrumentos que ofrece para aprender: moitos instrumentos de corda, de vento e de percusión.

Dentro de pouco van ter lugar unhas xornadas de portas abertas no Conservatorio da nosa cidade. Se te apaixona a Música, queres saber como poder aprender e practicar máis, aquí tes os días nos que o podes visitar. 

Anímaste?.



🎶🎶🎶






APRENDENDO OS INSTRUMENTOS

Que instrumento é?.

Xogando por parellas, o alumnado de 1º está aprendendo os diferentes instrumentos musicais. 

Existen moitos e, pouco a pouco, irán engadindo novos nomes ao repertorio dos que xa coñecen.

Con cada tarxeta sabida, un punto!.












🎵🎵🎵


A ORQUESTRA. SECCIÓN DE PERCUSIÓN _ 6º

 A ORQUESTRA. A SECCIÓN DE PERCUSIÓN.

A sección de percusión na orquestra é variable e depende de cada obra.

Algúns dos instrumentos máis frecuentes son: CAIXA, TIMBAIS, TRIÁNGULO, MARIMBA, PRATO, BOMBO, CAMPÁS TUBULARES, GONG.