TALENTO MUSICAL


Cada vez máis alumnado desfruta coa aprendizaxe desta disciplina tan importante para o cerebro humano e decide tomar clases a maiores das ordinarias para potenciar e desenvolver as súas habilidades musicais.

Encántanos ir comprobando a súa evolución e ver o entusiasmo que poñen con cada avance. 

Os demais compañeiros e compañeiras desfrutan moito con estes momentos tan especiais que, ademais, producen un efecto moi positivo nos pequenos intérpretes.

Un aplauso para todos eles!.