Un ano máis festexamos o magosto e cantamos por esta festa outonal tan galega.
A canción escollida este ano é Canción do magosto,13 lúas.
Aprendede ben cada curso a estrofa que vos toca para cantala o día da festa todos xuntos.
O reparto das partes da canción por curso é:
4º, 5º e 6º EI: palmada ao remate de cada frase do retrouso
1º e 2º EP: movemento no retrouso
3º EP: 1ª estrofa cantada
4º EP: 2ª estrofa cantada
5º EP: 3ª estrofa cantada ao unísono😜
6º EP: 4º estrofa cantada
A interpretación será:
Introdución: movemento profesorado
Estrofa 1: 3º EP
Retrouso: 1º, 2º EP e 4º, 5º, 6º EI
Estrofa 2: 4º EP
Retrouso: 1º, 2º EP e 4º, 5º, 6º EI
Estrofa 3: 5º EP
Retrouso: 1º, 2º EP e 4º, 5º, 6º EI
Estrofa 4: 6º EP
Final: movemento todas e todos
Adiante!
CANCIÓN DO MAGOSTO, 13 LÚAS
Estrofa 1:
SANTO
QUE ESTÁS NO CANIZO
BOTA
CASTAÑAS ABAIXO,
NON
AS BOTES PEQUENIÑAS
NON
AS BOTES PEQUENIÑAS
QUE
ÁS
PEQUENAS NON ME BAIXO.
Retrouso:
AILALALALA,AILALALALA,AILALALALA,LALALALALALALALALA.
***
Estrofa 2:
TIÑA
MARÍA NO PETO
CATRO
CASTAÑAS ASADAS,
VEU
UN GATO AMARELO
VEU
UN GATO AMARELO
E
LARPOULLE A PAPARADA.
Retrouso:
AILALALALA...
***
Estrofa 3:
PARA
COMERES CASTAÑAS
DEREITIÑAS
DO CASTIRO,
VAI
AO MONTE E NON TE PERDAS
VAI
AO MONTE E NON ESQUEZAS
QUE
O QUE BUSCAS SON OURIZOS.
Retrouso:
AILALALALA...
***
Estrofa 4:
SOPRA
O VENTO NA DEVESA
VÉNTE
COMIGO NENIÑA,
SE
CASTAÑAS APAÑARES
SE
CASTAÑAS APAÑARES
BOA
FESTA CANTARÍAS.
Retrouso:
AILALALA...