Curso 2025-2026

A MÚSICA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN _ 5º


 A MÚSICA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN


A música desempeña un papel esencial nos medios de comunicación, como a radio ou a televisión. Ademais, existen algúns tipos de composicións creados especificamente para estes medios. Por exemplo:
. Unha sintonía é unha música que nos indica o inicio ou o final dun programa de radio ou de televisión, e que nos permite identificalo rapidamente. Adoita compoñerse por encargo, aínda que tamén se usan fragmentos de obras célebres.
. Un jingle é unha peza musical creada especialmente para anunciar algo. Adoita ser breve e apegadiza, e incluir na súa letra o nome do produto a anunciar.

Sintonías de televisión-Programas-Pasapalabra


Sintonías de radio-Sorteo-ONCE


Sintonías de televisión-Debuxos animados-Bob Esponxa


🎶🎶🎶

A RADIO _ 6º

 A RADIO

A radio é un medio de comunicación que naceu a finais do século XIX, pero que empezou a funcionar de maneira regular na década de 1920. 

Coa chegada de internet, algunhas emisoras pasaron a emitir pola rede e moitas ofrecen servizos de radio "á carta" que permiten seleccionar os contidos e descargalos en arquivos chamados podcasts.

Nos programas de radio empréganse diferentes recursos sonoros: 

Sintonía: é a música que identifica un programa e que soa ao comezo e ao final deste.

Cortina: é música de curta duración que separa as diferentes seccións dentro dun mesmo programa.

Indicativo ou golpe de efecto: son efectos sonoros que chaman a atención do oínte e reforzan ou intensifican o momento de falar.

ESCOITA A RADIO AQUÍ

AQUÍ.