Practica la LECTURA DE NOTAS

Screenshots

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?

OBRADOIROS DE SON NO MUNCYT


O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña, convídanos nas fins de semana deste mes de setembro a participar nuns obradoiros experimentais creativos con sons.

Achégate, aprende e desfruta!!!


Información aquí 




UNIDADE 2 6º

O ACORDE

Un acorde, na súa forma máis básica, é un conxunto de notas ordenadas por terceiras que sonan ao memo tempo.

Se o acorde está formado por tres notas chámase tríada. 

A nota máis importante do acorde é a primeira e chámase nota fundamental. Esta fundamental dá o nome ao acorde: un acorde de Re maior constrúese a partir da nota Re como fundamental.

Logo, ao superpoñer unha terceira sobre esta fundamental, obtemos a terceira do acorde. E ao superpoñer unha terceira sobre a terceira, obtemos a quinta. Así, un acorde básico ten fundamental, terceira e quinta.

No caso do acorde de Do temos: Do como fundamental, Mi como terceira (conto do – re – mi) e Sol como quinta (conto do – re – mi – fa – sol).

Acordes maiores e acordes menores

Ambos teñen unha quinta xusta. A diferencia é que o acorde maior contén unha terceira maior, mentres que o acorde menor contén unha terceira menor a partir da fundamental.

Acorde maior: fundamental+terceira maior+ quinta xusta (1 – 3 – 5).

Acorde menor: fundamental, terceira menor e quinta xusta (1 – ♭3 – 5).



O nome que recibe cada nota do acorde e as súas funcións son:

Do = Fundamental. É a nota base do acorde.

Mi = Terceira. Define se o acorde é maior ou menor.

Sol = Quinta. Dá estabilidade e contundencia ao son.

Unha imaxe clara de como se constrúe a harmonía desde a base é:



Un acorde como mínimo ten que estar formado por tres notas superpostas. Pero tamén pode haber acordes de máis notas. Se engadimos unha nota máis, teremos un acorde de sétima, se agregamos añinda outra máis, teremos un acorde de novena.
A sétima engade tensión sonora ao acorde. Sona como máis vivo e pode ser maior ou menor.
A novena engade expansión ao son. Dálle brillo e amplitude, facendo que o son sexa máis envolvente.
Vemos entón que un sinxelo engadido de notas pode cambiar completamente a emoción que transmite un acorde.





Película Letra Orquestra

LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS

Compás binario, ternario e cuaternario

CLASIFICANDO SONS EN 1º


En primeiro curso o alumnado traballando a representación gráfica dos sons e diferenciándoos do ruido. Así de ben o fixeron esta semana.