O ENTROIDO EN GALICIA
Por: Música Vitamínica o 9.2.24 / comentarios: 10 comparsas, cultura musical, disfraces, entroido, festa, kilomberas, kilomberos, tocar
Coñeces o entroido de Galicia?. Sabes en que consiste?.
Entroido (antroido, entroiro, entruiro ou entrudio nalgunhas zonas) é o nome que recibe en Galicia o carnaval; unha festa popular que se celebra en toda a nosa comunidade autónoma, con especial intensidade na provincia de Ourense, onde o entroido é un dos máis longos e tradicionais de todo o país.
O Entroido de Galicia ten o recoñecemento de Interese Turístico. Ata en nove localidades contan cunha festa de entroido de interese turístico:
1. O entroido de Xinzo de Limia
2. O entroido de Cobres
3. O entroido de Laza
4. O entroido de Verín
5. O entroido de Felos de Maceda
6. O entroido dos xenerais do Ulla
7. O entroido de Vilariño de Conso
8. O entroido de Viana do Bolo
9. Fulión do entroido de Manzaneda
Mira a referencia destas festas aquí.
En máis de 175 municipios declárase o luns, o martes e o mércores de cinza festivos para a celebración desta festa, e nalgúns a festa pode durar ata un mes.
No entroido da cidade de A Coruña o personaxe protagonista do é o choqueiro e a choqueira.
Choqueiras e choqueiros coruñeses:
Os desfiles do entroido de Galicia sempre están amenizados por comparsas, charangas, orquestras ou folións, que tocan polas rúas das vilas e cidades facendo bailar á veciñanza e a quen ata cada punto viaxa para experimentar a vivencia da celebración dun entroido tan peculiar como o entroido galego.
En A Coruña, no barrio de Montealto, os encargados de poñer toda a marcha ao entroido son os kilomberos e kilomberas.
Kilomberas e kilomberos de Montealto:
MÁSCARAS DO ENTROIDO DE GALICIA:
TOCANDO A BATERÍA EN 6º
Por: Música Vitamínica o 26.1.24 / comentarios: 13 6º, cerebro musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, PRÁCTICA BATERÍA, tocar
Iniciando na práctica da batería grupal e individualmente. Hoxe algúns fixestes de guía e para o vindeiro día farédelo os que quedades.
Lembrade que os exercicios básicos de iniciación atópanse para poder practicar na pestana SEXTO, no SEGUNDO TRIMESTRE, no apartado PRÁCTICA DA BATERÍA.
Ánimo co estudo!.
Comentade que tal vos vai.