LINGUAXE MUSICAL 3º CURSO 2019-2020

 

Tarefa "Queda na casa 2"
1. Lectura rítmica. Le e observa o cadro da duración das figuras musicais. Logo repasa o traballado na clase. Practica os esquemas rítmicos:
 Só coa voz. Lembra: negra=pan, dúas, corcheas=lei-te, unha branca=sa-al (abrindo as mans logo da palmada), silencio=xesto de corte no aire, catro semicorcheas=cho-co-la-te.
 Engade palmas (voz+palmas).
 Agora con dous pauíños, bolis, lapis... e chócaos.
2. Lectura melódica. Observa a colocación das notas sol, la, si na escala e le a continuación:
3. Lembras a canción de Entroido?. Anímate a cantala! 😉.
4. Lectura melódica. Observa a colocación da nota fa no pentagrama da actividade 2 e le a continuación: 
Tarefa "Queda na casa 3"
5. Cando cantamos, tocamos ou bailamos estamos interpretando unha música que se elabora a partires de diferentes combinacións de notas. Dependendo da combinación da dirección das notas temos diferentes tipos de melodías: a melodía ascendenteremata cara arriba, vai de grave a agudo, como se subísemos pola loma dunha montaña ata o cumio.  A melodía descendente remata cara abaixo, vai de agudo a grave, como se baixásemos pola loma da montaña ata o pé. A melodía liñal non vai nin cara arriba nin cara abaixo, mantense máis ou menos na dirección dunha liña recta. A melodía ondulada vai pouco a pouco subindo e baixando de grave a agudo e de agudo a grave, como facendo ondas. A melodía quebrada vai de moi grave a, de súpeto, moi agudo e de moi agudo a, de súpeto, moi grave, como facendo amplos picos. Compréndeo mellor escoitando os tipos de melodías:
6. Lectura melódica. Observa a colocación das notas mi, fa, sol na escala do exercicio 2 e a continuación le as seguintes notas:

7. Se es de 3ºA responde a este cuestionario.
    Se es de 3ºB responde a este cuestionario.

Tarefa "Queda na casa 6"
8. Lectura ritmico-melódica. Segue este vídeo e despois practica por ti mesmo-a as actividades 2 e 6.

Tarefa "Queda na casa 7"
9. Se es de 3ºA responde estas preguntas.
    Se es de 3ºB responde estas preguntas.
   Envío da tarefa 7: Esta proba envíase automaticamente unha vez lle deas a "Enviar" e xa me chegan directamente as respostas. Non hai máis envío ca este esta semana).

Tarefa "Queda na casa 8"
10. Último repaso destas lecturas ritmico-melódicas. Se aínda non che saen as notas co ritmo, non sigas o seguinte vídeo e segue traballándoas como no exercicio 8. Se che saen co ritmo como no vídeo da tarefa 6, inténtao facer comigo neste vídeo. Non te preocupes se te perdes pola velocidade, non pasa nada pero intenta collerme. Non paro, así que, non quedes atrás!. Veña, que podes!. 

11. Último repaso de "Si, la, sol, fa" coa frauta. Intenta facelo co vídeo. Se che sae máis lento non pasa nada pero segue practicando.
Envío da tarefa 8: Envíase un único vídeo co último pentagrama da lectura MI, FA, SOL, máis o último pentagrama de SOL, LA, SI e tocando SI, LA, SOL, FA, se che sae á velocidade dos vídeos. Se non, non fagas envío esta semana e practica durante dúas semanas para poder enviar esta tarefa a semana que vén. Dálle caña!. 

Tarefa "Queda na casa 10"
Non hai máis tarefas de Música este curso. Se a pasada semana xa me enviaches a tarefa 8 e recibiches o meu comentario, non tes que facer máis envíos.
Envío da tarefa 10: Esta tarefa é para ti se aínda non me enviaches a tarefa 8. Podes enviala a musicavitaminica@gmail.com ata o 5 de xuño. 





Comentarios