Por:Música Vitamínica
o 2.10.24
/
TOCAMOS INSTRUMENTOS DE LÁMINAS

A VELOCIDADE NA MÚSICA
Adagio, andante e allegro
A maioría do vocabulario que se emprega na música vén do italiano.
Para referirnos á velocidade á que cantamos, tocamos ou danzamos existen as seguintes palabras:
Cando a música sona adagio faino de maneira lenta.
Cando a música sona andante faino normal, nin lento nin axiña.
Cando a música sona allegro ten unha velocidade rápida.
Escoita:
Forte, piano, fortissimo e pianissimo
Cando tocamos ou cantamos con moita intensidade de voz facémolo forte, e cando o facemos con pouca intensidade de voz facémolo piano. A música que sona moi forte faino fortissimo e a música que sona moi suave faino pianissimo. Escoita:
PROFESIÓNS RELACIONADAS COA MÚSICA
Compositor ou compositora: profesional que crea unha obra musical. Pode compoñer a música, ou a música e a letra se se trata dunha canción.

Director ou directora de orquestra: é a figura de referencia para os intérpretes. Coordina todas as familias de instrumentos da orquestra e dirixe a súa interpretación cunha batuta dándolles as indicacións para a correcta interpretación da obra.
Un director ou directora de orquestra estuda durante moito tempo as partituras. Ten que entendelas para despois traballalas con precisión nos ensaios cos instrumentistas e que finalmente saian o mellor posible nos concertos, transmitindo a súa visión artística primeiro aos intrumentistas para que dean vida á música, e despois ao público. Cando isto se produce, a interpretación é unha experiencia impactante e emocionante.

Instrumentista: profesional que interpreta música cun instrumento que domina.

Público: conxunto de espectadores que asisten a un mesmo espectáculo.

AUDICIÓNS
Glop, glop, glop
A DANZA DOS MIRLITÓNS
O DANUBIO AZUL- Johann Strauss
O Danubio azul é un vals, un tipo de baile moi elegante para bailar en festas.
O Danubio azul é un dos valses máis coñecidos do compositor Johann Strauss.
Escoita: 1, 2, 3; 1, 2, 3...
NUN MERCADO PERSA - Albert William Ketèlbey
JAZZ LEGATO -Leroy Anderson
PASEO EN TRINEO -Leroy Anderson
Tag:
A voz e os instrumentos
Construción de obxectos sonoros
O son e as súas calidades
Obxectos
sonoros
Recursos dixitais
Valoración e interese en producións musicais.
Vocabulario
Isto está xenial!
ResponderEliminarMegusto mucho la cancion de cramuñon o cromañon.
ResponderEliminarMe gustou moito a cancio de la intesidaz.
ResponderEliminar