ODía Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día de Galicia ou Día da Patria Galega, é a festa oficial da comunidade autónoma de Galiciae celébrase o25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago.
As celebracións adicadas ao Apóstolo teñen unha duración de dúas semanas aproximadamente. Durante esta quincena, as actividades culturais son moi diversas. A cidade de Santiago chea de música de todos os estilos, danza, teatro, pasarrúas e verbenas. É destacable a reunión de Bandas de Música de toda a Comunidade Autónoma, así como as exhibicións de traxes rexionais e bailes folclóricos.
A noite do 24, no momento que dá paso ao día 25, lánzanse os espectaculares fogos de artificio na honra precisamente ao Apóstolo Santiago, ao tempo que se queima o gran castelo de pirotecnia que imita la fachada gótica da Catedral. O 25 de xullo celébrase a misa solemne na Catedral.
Cando o 25 de xullo coincide en domingo, celébrase o Ano Santo Compostelano ou Ano Santo Xacobeo. Conforme a isto, o vindeiro ano Santo ou Xacobeo será o ano 2021 porque o día 25 será domingo. Ese ano a concentración de peregrinos e peregrinas chegados de todas partes do mundo será moito maior que de costume en Santiago de Compostela.