O DÍA DE GALICIA


O Día Nacional de Galicia,​ coñecido tamén como Día de Galicia​ ou Día da Patria Galega​é a festa oficial da comunidade autónoma de Galicia e celébrase o 25 de xullodía da festividade do apóstolo Santiago

As celebracións adicadas ao Apóstolo teñen unha duración de dúas semanas aproximadamente. Durante esta quincena, as actividades culturais son moi diversas. A cidade de Santiago chea de música de todos os estilos, danza, teatro, pasarrúas e verbenas. É destacable a reunión de Bandas de Música de toda a Comunidade Autónoma, así como as exhibicións de traxes rexionais e bailes folclóricos. 
A noite do 24, no momento que dá paso ao día 25, lánzanse os espectaculares fogos de artificio na honra precisamente ao Apóstolo Santiago, ao tempo que se queima o gran castelo de pirotecnia que imita la fachada gótica da Catedral. O 25 de xullo celébrase a misa solemne na Catedral.
Cando o 25 de xullo coincide en domingo, celébrase o Ano Santo Compostelano ou Ano Santo Xacobeo. Conforme a isto, o vindeiro ano Santo ou Xacobeo será o ano 2021 porque o día 25 será domingo. Ese ano a concentración de peregrinos e peregrinas chegados de todas partes do mundo será moito maior que de costume en Santiago de Compostela
Himno de Galicia é un dos símbolos da Comunidade Autónoma de Galicia. O noso himno titúlase Os Pinos. Recibe este nome porque a súa letra está sacada do poema Os Pinos do escritor Eduardo Pondal. Polo tanto, a letra do himno galego é de Eduardo Pondal e a música foi composta por Pascual Veiga

Aquí tedes un vídeo coa letra do himno de Galicia Os pinos:

Os e as de 6º que ides a 1º da ESO, podedes coñecer de maneira rápida a historia de Galicia no seguinte vídeo:


Os e as demais podedes coñecer a vida na Galicia antiga nos seguintes vídeos:

Video 1

Se che gustou o vídeo 1 mira a continuación o vídeo 2:

Vídeo 2

Gustouche o himno galego? Que é o que máis te chamou a atención da vida na Galicia de antes? Deixa o teu comentario sobre algo do que aprendiches nesta entrada.


🎵🎵🎵

Comentarios

  1. Gústame moito, pero líome con tantas fechas e nomes!!!!!😖😖😖

    ResponderEliminar
  2. Non sabía que Galicia chegara a ser un reino 😮😮😮!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. 11 anos vivindo en galicia e non sabía que o seu himno chamábase OS PINOS polo poema Os pinos de eduardo Pondal,(que logo fixo a leetra do himno).

    ResponderEliminar
  4. Que guai, Galicia coma un reino?

    ResponderEliminar

Publicar un comentario