Repaso básico de 3º curso
AS CALIDADES DO SON
A altura: É a calidade do son que nos permite saber se un son é agudo ou grave. Está representada polas notas.
A duración: É a calidade do son que nos permite saber se un son é longo ou curto. Está representada polas figuras.
DURACIÓN DAS FIGURAS MUSICAIS
O timbre: É a calidade do son que nos permite diferenciar o son particular das voces, dos instrumentos e dos obxectos.
A intensidade: É a calidade do son que nos permite coñecer se un son é forte ou suave.
OS SIGNOS DE REPETICIÓN
Empregamos signos de repetición para simplificar a escrita musical e non ter que escribir dúas veces os memos compases.
1. Dobre barra con dous puntos.
A dobre barra con dous puntos é un signo musical de repetición que aparece ao final dun fragmento para indicarnos que ese fragmento se repite.
Cando aparece unha vez indica que debemos cantar ou tocar de novo a música que hai antes da dobre barra con dous puntos. Cando aparece dúas veces indica que os compases que están dentro das dobres barras con dous puntos, se repiten.












