f REPASO BÁSICO DE 3º CURSO - Música Vitamínica

Imaxes de tema de kelvinjay. Con tecnoloxía de Blogger.

 Repaso básico de 3º curso





AS CALIDADES DO SON

altura: É a calidade do son que nos permite saber se un son é agudo ou grave. Está representada polas notas.

duración: É a calidade do son que nos permite saber se un son é longo ou curto. Está representada polas figuras.

DURACIÓN DAS FIGURAS MUSICAIS



timbre: É a calidade do son que nos permite diferenciar o son particular das voces, dos instrumentos e dos obxectos.

A intensidade: É a calidade do son que nos permite coñecer se un son é forte ou suave.




OS SIGNOS DE REPETICIÓN

Empregamos signos de repetición para simplificar a escrita musical e non ter que escribir dúas veces os memos compases. 
1. Dobre barra con dous puntos.
A dobre barra con dous puntos é un signo musical de repetición que aparece ao final dun fragmento para indicarnos que ese fragmento se repite. 

Cando aparece unha vez indica que debemos cantar ou tocar de novo a música que hai antes da dobre barra con dous puntos. Cando aparece dúas veces indica que os compases que están dentro das dobres barras con dous puntos, se repiten. 


Ningún comentario:

Leave a Reply