CONCERTO EN 3ºB


Chegou o día do concerto de aula de 3ºB  e con el momentos de moito talento musical.

O alumnado de 3ºB levou a cabo un concerto no que houbo interpretacións variadas. 

Hai quen se animou a cantar, quen tocou instrumentos de aula e quen interpretou con instrumentos propios.

Cada actuación foi especial, e moi aplaudidas as actuacións en conxunto, de agrupacións como o dúo de violíns ou o trío de corda de violíns e guitarra.

As presentadoras e presentadores fixeron moi ben o seu papel. 

A verdade é que cada un destes concertos saben a pouco.

Parabéns, artistas!!!.

Momentos do concerto

 






















Alumnas de 4º tocando para o alumnado de 3º










TALENTO MUSICAL


Cada vez máis alumnado desfruta coa aprendizaxe desta disciplina tan importante para o cerebro humano e decide tomar clases a maiores das ordinarias para potenciar e desenvolver as súas habilidades musicais.

Encántanos ir comprobando a súa evolución e ver o entusiasmo que poñen con cada avance. 

Os demais compañeiros e compañeiras desfrutan moito con estes momentos tan especiais que, ademais, producen un efecto moi positivo nos pequenos intérpretes.

Un aplauso para todos eles!.