Chegou o día do concerto de aula de 3ºB e con el momentos de moito talento musical.
O alumnado de 3ºB levou a cabo un concerto no que houbo interpretacións variadas.
Hai quen se animou a cantar, quen tocou instrumentos de aula e quen interpretou con instrumentos propios.
Cada actuación foi especial, e moi aplaudidas as actuacións en conxunto, de agrupacións como o dúo de violíns ou o trío de corda de violíns e guitarra.
As presentadoras e presentadores fixeron moi ben o seu papel.
A verdade é que cada un destes concertos saben a pouco.
Parabéns, artistas!!!.
Momentos do concerto
Comentarios
Publicar un comentario