Curso 2025-2026

TOCANDO E CANTANDO EN 3º


Aquí temos as rapazas e os rapaces de terceiro interpretando esta canción popular francesa. Dáselles moi ben tocar instrumentos de láminas e poñen moito interese na aprendizaxe do canto.

Escóitaos!.






CANCIÓN DA AMIZADE EN 3º

Que gozada ver como desfrutan con cada canción que aprenden as nenas e nenos de 3º!. Esta canción fomenta a amizade e o compañeirismo. 




RAPEAMOS POLO MAGOSTO


Castaña, castaña

 do chan se apaña,

metida no ourizo

non é unha patraña!.

Magosto, magosto,

non vaias co posto,

leva castañas

alegra ese corpo.

Coidado cos dedos

pódeste picar,

o castiñeiro protexe

o seu froito vital.

Apañando con tino,

metendo nun cesto,

deixando secar

a castaña ao soleiro.

Despois de ben secas

metemos o dente, 

poñémolas ao lume

para que estean ben quentes.

Tan só nun tempiño

están preparadas,

comemos castañas

castañas asadas!.

Tamén é costume

furar a tixola, 

para asar as castañas

a tixola mola!.


Recitado da letra: 

1ª estrofa: 1º EP

2ª estrofa: 4º, 5º e 6º EI

3ª estrofa: 2º EP

4ª estrofa: 3º EP

5ª estrofa: 4º EP

6ª estrofa: 5º EP

7ª estrofa: 6º EP


CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

O alumnado, profesorado e familias do CEIP San Francisco Javier,

Conscientes de que habitamos nun mundo con demasiadas experiencias de guerra e de violencia, buscamos a empatía entre todos e o respecto aos demais, independentemente das súas particulariedades e diferenzas.

Sabendo que na actualidade a violencia segue a estar presente día a día, e que se están a vivir guerras que xamais quixéramos que ocorresen;

NO DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA, manifestámonos e pronunciamos:

Somos os nenos e nenas que integramos a sociedade do século XXI e queremos un planeta en harmonía entre as xentes e con paz os pobos.

Queremos que as únicas fronteiras sexan as que marquen os antigos reinos nos que se xestaron as linguas e as culturas.

Queremos que os recursos da terra permitan a cada pobo o seu propio desenvolvemento e que, ese desenvolvemento e as culturas sexan os fundamentos da vida das nacións en paz.

Queremos que todas as persoas, tanto mulleres como homes, maduremos en tolerancia e nos miremos con ollos de respecto total.

Queremos ser valoradas e valorados á marxe do noso sexo ou raza.

Queremos eliminar as envexas e as desconfianzas, e que nos patios das nosas escolas non se coñezan pelexas nin ameazas.

Queremos que todos os fogares acollan a adultos e pequenos con bondade, tenrura e un corazón limpo e forte.

Queremos eliminar, deixar sen significado, aquelas palabras que non queremos usar.

Queremos todo isto, e todo isto faremos. Farémolo porque podemos. Collámonos da man e camiñemos pola paz!.






🎵🎵🎵


UN PASO HACIA LA PAZ

Non hai camiños para a paz; a paz é o único camiño (Mahatma Gandhi)

O 30 de xaneiro celébrase o DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

Escolleuse esta data porque é o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, o líder pacifista da India que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia fronte a inxustiza.

Hoxe preparamos unha canción para celebrar este día entre todos no colexio.


UN PASO HACIA LA PAZ-letra

Introducción- 4ºEP:

Oye este canto, no lo puedo callar, 

así es como cantamos todos por la paz (x2)

Estrofa 1- Solistas 5ºEP:

Hoy quiero cantar para mi gente
por sus vidas celebrar sentir que estoy presente.
Nubes blancas alcanzar libre se siente,
con un nuevo despertar mirarnos diferente.

Y volvernos a encontrar y acordarnos del ayer
el momento en que dejamos de soñar.
Ya no voy a desistir, con tu amor seré capaz, 

ya pasamos cien años de soledad.

Estribillo-Todocon movimiento:

Es el momento de crecer busquemos la felicidad,
demos el paso para volver a soñar.
Es el momento para actuar, cantemos por la libertad
toma mi mano y caminemos por la paz.

Instrumental-Movimiento 1º y 2º 

Estrofa 2-Solistas 5ºEP:

Hoy quiero contarle al mundo entero,
que mi pueblo es corazón de mucho sentimiento;
que ha sufrido el desamor de tanto tiempo,
y ahora se volvió canción que busca un ser nuevo.

Y volvernos a encontrar y acordarnos del ayer
el momento en que dejamos de soñar.
Ya no voy a desistir, con tu amor seré capaz, 

ya pasamos cien años de soledad.

Estribillo-Todocon movimiento:

Es el momento de crecer busquemos la felicidad,
demos el paso para volver a soñar.
Es el momento para actuar, cantemos por la libertad
toma mi mano y caminemos por la paz.

Instrumental-Baila 3º

Solistas 5ºEP:
Y si el futuro es renacer y comprendernos,
si estamos juntos nada podrá detenernos.
Y si el presente es un regalo de la vida,
y si el pasado nos enseña la salida.

Es el momento de pensar ser como hermanos

toma mi mano y caminemos por la paz.

Estribillo-Todocon movimiento:

Es el momento de crecer busquemos la felicidad,
demos el paso para volver a soñar.
Es el momento para actuar, cantemos por la libertad
toma mi mano y caminemos por la paz.

Rap-6ºEP
La paz está en nosotros siempre que queramos,
caminemos por ella todos juntos como hermanos;
porque somos el latir del corazón del país,
hey you! apuéstale con toda solo dile que sí.
di que sí, solo di que sí, que sí.
we want some peace acuérdate fe de tener.
Hoy voy a ponerme en los zapatos de los demás
voy a hacerlo posible porque soy capaz.

Estribillo-Todos con movimiento:

Es el momento de crecer busquemos la felicidad,
demos el paso para volver a soñar.
Es el momento para actuar, cantemos por la libertad
toma mi mano y caminemos por la paz.

Final- Solistas  5º EP:

Es el momento para actuar, busquemos la felicidad,

toma mi mano y caminemos 

por la paz (Todocon gesto)

 

    Traballo na aula

1. Entonamos a melodía sen acompañamento: fíxome na altura dos sons e penso en expresar frases.

2. Cantamos cada frase coa letra sen acompañamento: fíxome no tipo de melodía e anótoa. Aseguramos a entonación e vocalizamos.

3. Cantamos sobre o acompañamento: Fíxome nos comezos e no apoio instrumental.

4. Escoitamos o conxunto na súa totalidade: fíxome nas dobres voces e nos adornos.

5. Cantamos con expresividade e desfrutando.


Disposición para a actuación










CANTAMOS CONTRA A VIOLENCIA


O pasado venres celebramos un acto para reivindicar o dereito que temos as persoas a ser ben tratadas, e as mulleres en particular.
Somos conscientes da necesidade dun trato igualitario entre mulleres e homes e por iso, colaboramos co noso gran de area e dando exemplo, para conseguir a sociedade que merecemos ser.

SI ao respecto, SI á atención, SI ás boas palabras, SI aos bos xestos e NON A CALQUERA TIPO DE VIOLENCIA!.

Vídeo aquí


CELEBRAMOS O MAGOSTO


Aquí estamos de novo para compartir a actuación que fixestes onte.

Sei que o pasastes xenial toda a mañá cos xogos, no momento da merendola e sobre todo coa actuación, na que puxestes todas as vosas ganas.

Estivestes moi atentos, coordinadas e profesionais 👌.

Adicámoslle a actuación ás compañeiras e compañeiros que non puideron estar neste día.

Velaquí un adianto dos vídeos que sacamos.


Grazas á profe Alba pola gravación!.


🎵🎵🎵

CANTAMOS POLO MAGOSTO



Un ano máis festexamos o magosto e cantamos por esta festa outonal tan galega.

A canción escollida este ano é Canción do magosto,13 lúas.

Aprendede ben cada curso a estrofa que vos toca para cantala o día da festa todos xuntos.


O reparto das partes da canción por curso é: 

4º, 5º e 6º EI: palmada ao remate de cada frase do retrouso

1º e 2º EP: movemento no retrouso

3º EP: 1ª estrofa cantada

4º EP: 2ª estrofa cantada

5º EP: 3ª estrofa cantada ao unísono😜

6º EP: 4º estrofa cantada


A interpretación será: 


Introdución: movemento profesorado

Estrofa 1: 3º EP

Retrouso: 1º, 2º EP e 4º, 5º, 6º EI

Estrofa 2: 4º EP

Retrouso: 1º, 2º EP e 4º, 5º, 6º EI

Estrofa 3: 5º EP

Retrouso: 1º, 2º EP e 4º, 5º, 6º EI

Estrofa 4: 6º EP

Final: movemento todas e todos


Adiante!


CANCIÓN DO MAGOSTO, 13 LÚAS

Estrofa 1:

SANTO QUE ESTÁS NO CANIZO

BOTA CASTAÑAS ABAIXO,

NON AS BOTES PEQUENIÑAS

NON AS BOTES PEQUENIÑAS

QUE ÁS PEQUENAS NON ME BAIXO.


Retrouso:

AILALALALA,AILALALALA,AILALALALA,LALALALALALALALALA.


***

Estrofa 2:

TIÑA MARÍA NO PETO

CATRO CASTAÑAS ASADAS,

VEU UN GATO AMARELO

VEU UN GATO AMARELO

E LARPOULLE A PAPARADA.


Retrouso:

AILALALALA...


***

Estrofa 3:

PARA COMERES CASTAÑAS

DEREITIÑAS DO CASTIRO,

VAI AO MONTE E NON TE PERDAS

VAI AO MONTE E NON ESQUEZAS

QUE O QUE BUSCAS SON OURIZOS.


Retrouso:

AILALALALA...

***

Estrofa 4:

SOPRA O VENTO NA DEVESA

VÉNTE COMIGO NENIÑA,

SE CASTAÑAS APAÑARES

SE CASTAÑAS APAÑARES

BOA FESTA CANTARÍAS.


Retrouso:

AILALALA...