O alumnado, profesorado e familias do CEIP San Francisco Javier,
Conscientes de que habitamos nun mundo con demasiadas experiencias de guerra e de violencia, buscamos a empatía entre todos e o respecto aos demais, independentemente das súas particulariedades e diferenzas.
Sabendo que na actualidade a violencia segue a estar presente día a día, e que se están a vivir guerras que xamais quixéramos que ocorresen;
NO DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA, manifestámonos e pronunciamos:
Somos os nenos e nenas que integramos a sociedade do século XXI e queremos un planeta en harmonía entre as xentes e con paz os pobos.
Queremos que as únicas fronteiras sexan as que marquen os antigos reinos nos que se xestaron as linguas e as culturas.
Queremos que os recursos da terra permitan a cada pobo o seu propio desenvolvemento e que, ese desenvolvemento e as culturas sexan os fundamentos da vida das nacións en paz.
Queremos que todas as persoas, tanto mulleres como homes, maduremos en tolerancia e nos miremos con ollos de respecto total.
Queremos ser valoradas e valorados á marxe do noso sexo ou raza.
Queremos eliminar as envexas e as desconfianzas, e que nos patios das nosas escolas non se coñezan pelexas nin ameazas.
Queremos que todos os fogares acollan a adultos e pequenos con bondade, tenrura e un corazón limpo e forte.
Queremos eliminar, deixar sen significado, aquelas palabras que non queremos usar.
Queremos todo isto, e todo isto faremos. Farémolo porque podemos. Collámonos da man e camiñemos pola paz!.
🎵🎵🎵








Aunque non se escoito moi ben o micrófono, pudimos e iso nos axudou.Moitas grazas a todos os nenos e nenas!.
ResponderEliminarAínda que tivemos uns pequenos falliños de megafonía, axudámonos todos e cada un de nós, e creo que en iso consiste o día da PAZ, en axudarnos todos GRAZAS POR UN DÍA TAN ESPECIAL!!
ResponderEliminarXenial que tiveras esa sensación. 😉
EliminarENCANTOUME CANTAR TODOS XUNTOS E QUE FORAN AS NOSAS FAMILIAS, FOI UN DÍA MOI BONITO!
ResponderEliminarEu o esperaba mellor a canción, pero non saíu tan mal. LGC
EliminarFermosa sensación a de cantar todos xuntos. 🎵 ❤
EliminarA actuacion non saiu como nos queriamos, pero foi pola mellor causa do mundo!!!
ResponderEliminarNon saíu ben, podía saír mellor se non fose pola megafonía
ResponderEliminarGustoume moito a coreografía dos nenos de primeiro. Non me gustou que non se escoitara ben.
ResponderEliminarA actuación saiu regular, pero foi culpa da megafonía. A ver se para próxima sae mellor!!!
ResponderEliminarCanta razón tes!
EliminarNON ME GUSTOU COMO RESOLVERON O PROBLEMA OS DE SEXTO , O PROBLEMA DA MEGAFONIA PERO POLO DEMAIS MOI BEN ,OS DE PRIMEIRO FIXERON MOI BEN A COREOGRAFIA ,E NOS ,OS DE CUARTO ESTIVERAMOS MOI DESPISTADOS AO PRINCIPIO DA ACTUACION .
ResponderEliminarLa actuación estuvo bien,pero falta una mejor megafonía y más orden:)
ResponderEliminarAínda que a megafonía fallou un pouco a actuación estibo moi ben
ResponderEliminarTe s moita razon SYD
EliminarA actuación estivo moi ben, aínda que alguns micrófonos faiaron.
ResponderEliminarEse día non estiven pero debeu de ser moi guai. 5ºC o mellor.
ResponderEliminarFoi un día maravilloso, espero que os pais e as nais entenderan o que pasou coa megafonía.
ResponderEliminarPaseino xenial, ainda que houbo algún problema técnico. 👍👍
ResponderEliminarA min gustoume e todo o mundo se sabia a sùa estrofa pero non se escoitaba nada polo problema. Que penaaaaaaaaaaaaaaa 😭!
ResponderEliminarEncantoume a actuación,o problema da megafonía fixo que os de 4°non puideran escoitar,e tamén máis xente perxudicouse,pero o resto xenial,coordinados e sabíanse a letra😀.
ResponderEliminarSE O MOCRÓFONO ESCUCHARASE BEN O RAP DE 6º QUEDARÍA MOI BEN, O DEMÁIS FIXOSE O QUE SE PUDO, EN POUCAS PALABRAS QUE QUEDOU MÁIS OU MENOS BEN
ResponderEliminarencantoume o feito de que todos se soubesen a súa estrofa :) :D
ResponderEliminarEncantoume cantar e participar con todos e todas,espero repetir esa experiencia.
ResponderEliminarEncantoume cantar con todos e todas,espero repetir esa experiencia.
ResponderEliminarNon me gustou que non se escoitara ben pero me o pasei moi ben e me fixei no que fixerón os de primeiro
ResponderEliminarEncantoume moito que as familias viñeran e poder cantar ao unisono foi moi chulo, pero a pena é que os micrófonos non soaran moy ben. REPETIR ISTO PORFAAAAAA¡.
ResponderEliminarTodo o mundo ten razón, moito practicar pero non sonou nada.Que pena.
ResponderEliminarTes razón non soou nada foi moi malo
Eliminar