Velaquí algunhas creacións de debuxos e coloreados de alumnas e alumnos inspirados a partires da música traballada. Son xeniais!.
TRABALLOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE
Por: Música Vitamínica o 18.12.24 / comentarios: 2 aula, expresión
Música TIC, interpretación, execución rítmica, cultura musical, adestramento auditivo, expresión e creatividade, linguaxe musical e moito máis.
Velaquí unha pequena mostra dalgúns traballos de alumnos e alumnas aos que lles inspira a música, que a gozan e transmiten ideas e emocións a través dela.
CURSO 2024-2025
Por: Música Vitamínica o 11.9.24 / comentarios: 7 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º, arte, cultura musical, expresión, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES
A volta ao cole trae novas clases con novas aprendizaxes para desenvolver moito máis e mellor as nosas habilidades musicais.
Comezamos!.
GRADUACIÓN EN 6º
Por: Música Vitamínica o 30.5.24 / comentarios: 14 6º, arte, concerto, expresión, interpretación
Os grupos de sexto están a traballar un dos temas máis exitosos do alcumado "rei do pop".
Tras a aprendizaxe da técnica de cada un dos pasos e das diferentes secuencias destes, agrúpanse segundo a súa función no baile para executalo o máis correcta e coordinadamente posible.
A coreografía será o resultado deste traballo de unión colectiva, sentimento de pertenza a un grupo e desfrute e logro da consecución dun obxectivo común. Ademais, son conscientes do significado e motivo deste tema, poñendo de relevancia a formación en valores que continuamente tratamos nesta área.
Ademais da actuación de baile en gran grupo, haberá unha actuación dunha pequena agrupación.
Velaquí un dos ensaios do dúo de piano e violín cuxas intérpretes son dúas alumnas ao piano e un alumno ao violín dos grupos A e B respectivamente, que nos deleitarán cun dos célebres temas de Ludwig van Beethoven.
Seguimos, que case o temos!.
CANCIÓNS GALEGAS I EN 5º
Por: Música Vitamínica o 29.5.24 / comentarios: 2 5º, CANCIÓNS GALEGAS, cultura, expresión, folk galego, LETRAS GALEGAS, música tradicional
Continuamos co acompañamento instrumental de cancións galegas, que tanto gustan ao alumnado pola sinxeleza nas melodías e o ritmo apegadizo que as caracteriza.
Hoxe, tras a practica en sesións anteriores da técnica das cunchas e da pandeireta, dividíronse por grupos de instrumentos para tocar cadansúa parte e remataron tocando todos xuntos.
Aínda que a peza ten carácter lixeiro, saíu bastante ben.
Seguimos!.
PRAZO DE PREINSCRICIÓNS NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
Por: Música Vitamínica o 26.5.24 / comentarios: 1 arte, cerebro musical, cultura musical, expresión, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES
Para aprender máis sobre Música Para aprender a tocar instrumentos
A partir de 4 anos A partir de 8 anos
Música clásica Música moderna
Música jazz Música tradicional
Preme na imaxe para informarte:
A EXPERIENCIA DO CORRELINGUA
Por: Música Vitamínica o 18.5.24 / comentarios: 2 2º, 3º, 4º, 6º, canción galega, cultura musical, expresión, LETRAS GALEGAS
A experiencia da xornada de convivencia cunha festa final grazas ao programa Correlingua foi todo un éxito.
Os maiores conseguiron cumplir cos quilómetros ata a meta. Cantando fíxose máis levadeiro o traxecto. Tras a merenda, rematamos co concerto final da festa.
Os pequenos resistiron moi ben a andaina e gozaron cantando e bailando en lingua galega tanto ou máis que os maiores.
Así foi, que puxeron todas as ganas e os propios músicos quedaron encantados co traballo realizado sobre o tema "Miña nai".
Parabéns!.
Así recolleu esta xornada a prensa: La Opinión, La Voz de Galicia.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024!
Por: Música Vitamínica o 17.5.24 / comentarios: 5 cerebro musical, cultura musical, expresión, Galicia, LETRAS GALEGAS
Parabéns a todas e a todos os galegas neste prezado día!.
Hoxe festexamos que temos unha lingua propia que é rica nas súas formas de fala, no léxico e na súa expresión.
Hoxe sentimos o orgullo de pertencer a esta terra máxica, diversa e única.
Luisa Villalta, homenaxeada este ano, formou un grupo musical no que interpretaba como violinista.
Este grupo, chamado "Escaino" era un cuarteto con tamén un percusionista, un frautista e un clarinetista.
No ano 1980 a imaxe do grupo era a seguinte:
De esquerda a dereita: Luisa Villalta (violín), Juan Fernán Bello (percusión), Paulino Pereiro (frauta traveseira) e Luis Pereiro (clarinete).
Así sonaba esta agrupación instrumental interpretando "A denosiña".
VIVA GALICIA!.
CANCIÓNS GALEGAS EN 5º
Por: Música Vitamínica o 15.5.24 / comentarios: 3 5º, CANCIÓNS GALEGAS, cultura musical, expresión, instrumentos galegos, LETRAS GALEGAS
XOGANDO EN 1º
Por: Música Vitamínica o 15.5.24 / comentarios: 0 1º, aprendizaxe, cerebro musical, cultura musical, expresión, INSTRUMENTOS MUSICAIS, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES
Seguimos repasando contidos neste terceiro trimestre.
A través dun xogo por parellas o alumnado de 1º curso desenvolve a competencia lingüística.
"Adiviñas que é?".