Curso 2025-2026

LETRAS GALEGAS 2025

Co gallo da celebración do día das Letras Galegas mañá, 17 de maio, hoxe houbo un traballo especial a prol da cultura musical na nosa lingua con temas e intérpretes da nosa terra. 

O PATO - 3º

Esta semana traballando con esta canción de Xurxo Fernandes, o alumnado de 3º expresou os seus sentimentos e emocións, deixou voar a súa imaxinación e desenvolveu a súa creatividade a través da historia deste tema que tanto éxito ten cos nenos e nenas.

REGUEIFAMOS - 3º, 4º



A GAITA NA MÚSICA TRADICIONAL - 6º

O xoves 20 de febreiro o alumnado de sexto curso participou nun obradoiro impartido por Xoán Carlos Rilo, mestre gaiteiro do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais.

MÚSICA GALEGA EN 4º


Continuamos traballando cancións populares galegas ás que engadimos o acompañamento con instrumentos de aula.

Hoxe tocou desenvolver habilidade co pandeiro, tanto redondo como cadrado.

Facilitamos o ritmo, interiorízano e aplícano. 

Sinten e desenvolven ese espírito galego de festa que tanto caracteriza a moitos destes temas populares.






CANCIÓNS GALEGAS I EN 5º


Continuamos co acompañamento instrumental de cancións galegas, que tanto gustan ao alumnado pola sinxeleza nas melodías e o ritmo apegadizo que as caracteriza.

Hoxe, tras a practica en sesións anteriores da técnica das cunchas e da pandeireta, dividíronse por grupos de instrumentos para tocar cadansúa parte e remataron tocando todos xuntos.

Aínda que a peza ten carácter lixeiro, saíu bastante ben.

Seguimos!.



 

 

 

 


 

 



CANCIÓNS GALEGAS_6º


 HIMNO GALEGO "OS PINOS"


  

  




CANCIÓNS POPULARES GALEGAS_5º



SEMENTEIRA-Fuxan os ventos


A canción 'Sementeira' de Fuxan Os Ventos, grupo destacado na música folk galega, é unha oda á preservación da cultura e as tradicións.

A través da metáfora da sementeira, a letra fala de plantar e cultivar elementos esenciais para o crecemento dunha comunidade: a infancia, a sabiduría dos maiores e a música como forma de expresión e redención.

O "meniño rebuldeiro" simboliza a nova xeración que debe medrar pegada á súa lingua e cultura, mentras que “o vello que dea consellos” representa a transmisión de coñecementos e tradicións dos anciáns aos novos. O 'cantar de redención' é unha chamada á esperanza e ao renacemento cultural, suxerindo que a música pode ser un vehículo para transformar a desolación nun novo amencer.

A canción remata co ciclo da vida e a morte onde o narrador pide descansar en paz unha vez que remate a súa sementeira deixando un legado para as futuras xeracións nun contexto de loita e supervivencia.

'Sementeira' é un testemuño da importancia de manter vivas as raíces culturais e a identidade dun pobo.